O vindeiro martes 17 de Decembro, o Concello de Baiona acollerá unha xornada de “captación de voz” en lingua galega. A campaña está promovida pola Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, no marco do “Proxecto Nós”. A recollida de voces realizarase no aula de informática na planta baixa do Centro Multiusos Angel Bedriñana de Baiona. O horario será pola mañá, de 10:00 a 14:00 horas, e pola tarde, de 16:00 a 20:00 horas. Todas as persoas que participen recibirán un agasallo pola súa colaboración.
O procedemento é moi simple. Calquera persoa, non importa a idade terá que ler unhas breves frases en galego, en bloques de 5. Estas sairán no monitor do ordenador. Asimesmo, as persoas menores de idade que queiran participar deberán ir acompañadas do seus pais/nais ou titor/a. Esas voces gravadas nunca serán usadas externamente fóra do ámbito do Proxecto Nós para o adestramento dos seus algoritmos.
Podes anotarte no telefono 660 243752 en horario de 9 a 13H.
O proxecto Nós
O Proxecto Nós (www.nos.gal) é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC). Ten como obxectivo fundamental que a lingua galega non fique excluída de ningún dos novos desenvolvementos dixitais. Para isto, estase a realizar un importante traballo que permitirá desenvolver diferentes tipos de ferramentas, totalmente compatibles coa lingua galega. As ferramentas serán sistemas de síntese de voz, de recoñecemento de fala, de xeración automática de texto, de diálogo ou axentes conversacionais e de tradución automática de tipo neuronal. Tamén de extracción de información e minaría de textos, resumidores automáticos ou correctores lingüísticos automáticos, entre outros.
Grazas a ese traballo lograrase que todo tipo de máquinas e dispositivos electrónicos poidan “entender” e “falar” o galego. Polo tanto, toda a población de Galicia poderá empregar con total normalidade a súa lingua en calquera ámbito tecnolóxico.
A campaña de captación de voz
Para conseguir este obxectivo é preciso facerse previamente cunha grande cantidade de texto e audio de calidade en lingua galega que permita un axeitado adestramento dos algoritmos do sistema. No caso do audio precísase ademais unha grande variedade de voces para o correcto adestramento dos algoritmos e tamén a gravación de todas as variedades dialectais. O obxectivo é que os dispositivos electrónicos as recoñezan perfectamente, polo que fai falta recoller as voces de milleiros de galegos e de todas as zonas nas que se empregan variantes dialectais.
Para conseguir esas gravacións en lingua galega o Proxecto Nós está a empregar dúas vías fundamentalmente. Unha a través de captación de voces online (https://doagalego.nos.gal). A outra é trasladándose fisicamente a diferentes concellos galegos para recoller a voz da veciñanza que desexe colaborar.




