A celebración dirixida as mozas e mozos da Comarca do Val Miñor pretende reforzar o protagonismo dos centros educativos na promoción do benestar emocional
A propósito desta conmemoración e co obxetivo de traballar a saúde mental na adolescencia, hoxe no Auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar, Avelaíña Val Miñor organizou un acto dirixido á mocidade, convidando as alumnas e alumnos do IES Val Miñor, IES Auga da Laxe, IES Terras de Turonio e IES Primeiro de Marzo.
O acto contou tamén coa presenza dos alcaldes do Val Miñor, Paco Ferreira, alcalde de Gondomar, Juan González, alcalde de Nigrán, acompañados de concelleiras e concelleiros das distintas áreas de benestar, igualdade e turismo, profesionais da sanidade e da educación, representantes de Feafes Galicia, ademáis dos usuarios, familiares, Xunta directiva e traballadores de Avelaíña.
Despois da intervención dos alcaldes, tivo lugar un faladoiro sobre a prevención do suicidio, o consumo de tóxicos e novas tecnoloxias, impartido por Alar Galicia e para rematar o acto, contaron coa actuación da monologuista Arantxa Treus
UN POUCO DE HISTORIA
Avelaíña ten a súa orixe no ano 1997, froito da unión e loita por un recurso específico na comarca do Baixo Miño (Pontevedra), onde non existía ningún recurso de atención á saúde mental e onde os psiquiatras que se desprazaban cada 15 días a A Guarda deixaran de facelo.
Avelaíña comezou atendendo as necesidades básicas de saúde mental dun grupo reducido de persoas no antigo colexio “Manuel Rodríguez Sinde”, situado no municipio de A Guarda.
Desde alí comezou a prestar atención a toda a comarca do Baixo Miño (Concellos de Santa María de Oia, A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui).
No ano 2006 a Asociación logrou a cesión polo Concello da Guarda da Escola Unitaria da Portela, co obxecto de establecer alí a súa sede. En 2007, Avelaíña comezou a prestar aí os seus servizos, onde actualmente se atopa a sede principal da asociación, un Centro de Rehabilitación Psicosocial e un Piso Supervisado.
A día de hoxe Avelaiña presta sus servicios, ademáis do Baixo Miño, no Condado, na Paradanta e no Val de Miñor




