Seis estudantes de 3º da ESO do IES Antón Alonso Ríos ganan o 1º premio na feira da ciencia “CinVigo” cun proxecto punteiro
Saray Iglesias, Marta Riádigos, Andrea Estévez, Sofía Rodrígez, Jorge Sobrino y Lucas Bautista, alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, conseguiron o primeiro premio na terceira edición da feira “CinVigo. Ciencia na Rúa”. Un evento organizado polo Cinbio (Centro de investigación da Universidade de Vigo) onde poden participar centros educativos con diferentes proxectos de investigación.
O alumnado membro do Club de Ciencias do IES Antón Alonso Ríos presentou tres proxectos: un sobre a mellor cocción para que os vexetais conserven os seus nutrientes (1º-2ºESO); outro sobre o radón no IES (4ºESO) e “Cristais Hidrófobos”, de 3º da ESO e gañadores do 1º premio na categoría Young researchers, outorgado polo xurado da feira.
Guiados pola profesora de Física e Química, Isabel Fernández, e coordinadora do club de ciencia do instituto,conseguiron un galardón moi importante que consiste en viaxar a unha feira de ciencia nacional.
Ourense, Nigrán, Soutomaior, San Cibrao de Viñas, Catoira, Cangas do Morrazo, Mos, Redondela, Vigo e Tomiño son os concellos de procedencia do alumnado participante na feira científica CinVigo que, grazas ao seu traballo previo e ás explicacións que ofreceron ás persoas asistentes ao longo das dúas xornadas que durou o festival, acadaron máis de 12.000 votos rexistrados nunha aplicación coa que se decidiu o premio do público.
Dende a Concellería de Educación do Concello de Tomiño, que preside Cristina Martínez, fan chegar ao alumnado distinguido, moitos parabéns polo seu desempeño no Club de Ciencias, animándolles a seguir polo mesmo camiño de esforzo e superación.



