spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaAs Xornadas Instrumentais Eurocidade ofrecen este sábado Masterclass en saxofón e clarinete

As Xornadas Instrumentais Eurocidade ofrecen este sábado Masterclass en saxofón e clarinete

as-xornadas-instrumentais-eurocidade-ofrecen-este-sabado-masterclass-en-saxofon-e-clarineteA Guarda continúa este sábado acollendo as Xornadas Instrumentais Eurocidade. O pasado sábado, músicos da Guarda, Caminha e O Rosal desfrutaron das masterclass de Hansel Luis Diez e de José Antonio González Guevara.

Revista Cousas de Nº23

Ambos músicos compartiron o seu talento en vento metal e percusión respectivamente co alumnado. Para rematar a xornada, celebrouse unha audición final no Centro Cultural, onde algúns dos alumnos atrevéronse con solos diante dun público que tamén se sumou á música con palmas.

Para este sábado 14 de decembro están programadas outras dúas masterclass:

– Clarinete con Asterio Leiva Piñeiro; na Casa dos Alonso de 10 a 14 horas

– Saxofón con Rafael Yebra Rivera; no Centro Cultural de 10 a 13 horas e de 15 a 18 horas

Poden inscribirse todos os músicos e músicas dos concellos da Guarda, Caminha e O Rosal, e o de outros concellos como oíntes. Para apuntarse hai que encher o seguinte: formulario

Este proxecto está cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.