Inicio Galicia As tres universidades galegas asinan un acordo, co referendo da Xunta de...

As tres universidades galegas asinan un acordo, co referendo da Xunta de Galicia, para aproveitar os recursos e o talento dos grandes hospitais do Sergas na docencia clínica de Medicina

 

acuerdo con as 3 universidadesAs Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña (UDC) e Vigo (UVigo), co referendo das consellerías de Sanidade e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, asinaron hoxe os principios para un acordo de convenio que establece que a partir do curso 2015-16 o profesorado da UDC e de UVigo que imparte docencia en titulacións propias desas universidades de áreas de coñecemento relacionadas coa medicina poderá colaborar na docencia clínica do grao de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela.

O documento, que establece os principios dun acordo específico a asinar en breve, foi ratificado este mércores en San Xerome polos máximos responsables das tres institucións educativas, Juan Viaño, Xosé Luís Armesto e Salustiano Mato, e os conselleiros Román Rodríguez e Rocío Mosquera.

Avance para Galicia
Este acordo supón un avance, xa que permite unir os recursos e o talento dos profesionais dos grandes hospitais universitarios de Galicia, para a formación do alumnado no grao en Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, isto vai permitir xa dende este próximo curso aumentar de 350 a 360 as prazas de Medicina na USC.

Neste sentido os conselleiros de Sanidade e de Cultura e Educación salientaron o gran simbolismo deste principio de acordo, que sinalaron como un paso adiante para Galicia, así como unha acción en prol do interese xeral do alumnado e do conxunto do Sistema Universitario de Galicia e Servizo Galego de Saúde.

Ao respecto do documento hoxe asinado, o reitor da UDC sinalou que “As tres universidades levamos moito tempo traballando para chegar a este acordo de cooperación co SERGAS que permitirá optimizar os recursos e mellorar a calidade na formación dos estudantes do Grao en Medicina”.

Supón unir as forzas dos profesionais da UVigo e da UDC e dos grandes hospitais universitarios galegos para mellorar a formación do alumnado no grao en Medicina da USC

O reitor da UVigo sinalou que se trata dun acordo “para dar músculo e proxección ao SUG e en concreto á Facultade de Medicina da USC”. Con el, estes estudos e o estudantado terán “todo o apoio do sistema de saúde galego e de todos os activos universitarios dedicados ao desenvolvemento da investigación neste ámbito. Ademais, incidirá na nosa capacidade de ser mellores en asistencia sanitaria”.

Pola súa parte o reitor da USC destacou a importancia dunha titulación de máis de 300 anos e con necesidades formativas específicas, e cualificou este acordo como un “exercicio de responsabilidade” que favorecerá aproveitar os recursos do SUG e do Sergas e contribuír “ao recoñecemento académico dos e das profesionais” á vez que asegurar unha formación de calidade nun ámbito “no que a facultade da USC é o buque insignia”.

As-tres-universidades-galegas-asinan-acordo-referendo-Xunta-Galicia-para-aproveitar-recursos-talento-dos-grandes-hospitais-Sergas-docencia-clínica-MedicinaCriterios do acordo

Este acordo sitúa a responsabilidade académica do Grao en Medicina na USC, sendo os órganos de goberno e os departamentos da facultade compostelá –a única que imparte no SUG o grao en Medicina- os encargados da planificación e organización docente da titulación.

A partir de agora o Consello para a Coordinación da Docencia Clínica en Galicia (CCDCG) proporá ao reitor da USC, previa proposta das universidades da Coruña e de Vigo, o persoal que pode colaborar na docencia clínica do grao de Medicina nos seus hospitais universitarios.

A Facultade da USC disporá deses docentes determinando, para cada curso académico, as áreas, materias e créditos nos que impartirán docencia. Agás acordo expreso, para cada área de coñecemento o número de persoal docente e investigador das outras universidades adscrito a esta modalidade non poderá superar un máximo que se fixará ao redor do 15% das necesidades de persoal que teña a USC na área afectada.

En particular, tenderase a que nas materias de práctica clínica e rotatorio do último curso do grao que deban impartirse nos hospitais universitarios da Coruña e Vigo impartan docencia, respectivamente, Profesores Asociados de Ciencias da Saúde (PACS) da UDC e da UVigo adscritos ao Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) ou ao Instituto de Investigación Biomédica de Vigo (INIBIV). Do mesmo xeito, a USC tamén poderá contar con PACs propios nos hospitais universitarios da Coruña e Vigo. Esta vía de colaboración non alterará a autonomía da USC para definir as súas necesidades de contratación de profesorado neste grao.

Os PACS da USC que teñan a condición de investigador principal ou coordinador dun proxecto ou grupo de investigación vinculado ao INIBIC ou ao INIBIV poderán solicitar voluntariamente a subrogación do seu contrato nas Universidades da Coruña ou Vigo, respectivamente. Do mesmo xeito, poderán solicitar voluntariamente a subrogación dos seus contratos os PACS da USC que desempeñen un cargo directivo na estrutura de goberno dos citados institutos de investigación da Coruña e de Vigo.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies