spot_img
InicioCondado ParadantaAs tradicionais danzas da Virxe do Rosario protagonizan en Covelo as festas...

As tradicionais danzas da Virxe do Rosario protagonizan en Covelo as festas en Prado da Canda

As tradicionais danzas da Virxe do Rosario protagonizan en Covelo as festas en Prado da CandaDende este venres e ata o domingo día 1 de outubro Prado da Canda agasallará
á veciñanza música, bailes tradicionais e distintos actos litúrxicos e lúdicos

Revista COUSAS DE Nº18

A parroquia de Prado da Canda, en Covelo, celebra esta fin de semana as súas festas na honra da Virxe María do Rosario. Dende mañá venres e ata o domingo día 1 de outubro Prado da Canda agasallará á veciñanza música, bailes tradicionais e distintos actos litúrxicos e lúdicos.

Na noite do venres día 29 de setembro actuará o trío Nostalgia e o sábado día 30 a programación festiva comeza ás 18:30 co rosario e a novena e ás 19 horas a misa solemne acompañada de procesión na que as protagonistas serán as tradicionais danzas na honra da virxe do Rosario. Os Folieiros de Lavadores acompañarán a procesión e pola noite chegarán as os grupos musicais La Conexión e Son da Taberna para por a nota máis festiva da fin de semana. O domingo día un de outubro ás 12:15 horas haberá misa solemne e procesión novamente acompañada polas danzas da Virxe do Rosario e polo grupo Os Folieiros de Lavadores.

A organización das festas agradece a colaboración do Concello de Covelo e da Deputación de Pontevedra e informa que o sábado 7 de outubro ás 12:30 horas haberá misa solemne e o sábado 28 de outubro a peregrinación do Rosario irá dende A Lamosa ata a Franqueira.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.