spot_img
InicioVigo e áreaVigoAs rutas culturais da UVigo arrancarán os actos conmemorativos do 50 aniversario...

As rutas culturais da UVigo arrancarán os actos conmemorativos do 50 aniversario da descuberta do xacemento de Aquis Querquennis

as-rutas-culturais-da-uvigo-arrancaran-os-actos-conmemorativos-do-50-aniversario-da-descuberta-do-xacemento-de-aquis-querquennisEste ano cómprense 50 anos do descubrimento do xacemento romano de Aquis Querquennis e as actividades conmemorativas deste aniversario arrancarán este sábado, 22 de marzo, coa celebración nese enclave dunha das rutas culturais da Universidade de Vigo. Coma en cada andaina, a inscrición está aberta á comunidade universitaria e á cidadanía en xeral.

Revista Cousas de Nº24

A oitava andaina da programación de rutas culturais da UVigo, organizada pola Área de Benestar, Saúde e Deporte, achegará ás persoas participantes “ao destino máis visitado do Parque Natural Serra do Xurés” e “o campamento militar romano máis colosal de todo o noroeste da península ibérica, Aquis Querquennis”. O percorrido conta cunha distancia de 18 quilómetros e unha dificultade media, e nel as persoas inscritas tamén coñecerán o trazado do Camiño de San Rosendo, a igrexa de Santa Comba de Bande e as fermosas panorámicas do parque natural transfronteirizo.

Grazas á colaboración da Fundación Aquae Querquennae, as e os participantes poderán coñecer de primeira “man este magnífico monumento, a súa historia e relevancia”, lembrando desde a organización da actividade que Aquis Querquennis é o nome orixinal dun campamento militar romano que se estableceu hai dous mil anos no lugar para a construción da coñecida como Vía Nova, calzada que comunicaba Braga con Astorga. O xacemento está declarado Ben de Interese Cultural. Será, indican desde a organización, “unha ruta para dar a benvida á primavera gozando da natureza e o patrimonio a partes iguais”.

Inscrición en liña

inscrición en cada ruta cultural, que se realiza a través do Campus Activo da UVigo, está aberta de xeito exclusivo para a comunidade universitaria ata o luns anterior a cada andaina. No caso de quedar prazas libres, o martes, mércores e xoves anteriores a cada ruta permitirase a inscrición de calquera persoa interesada. O prezo depende do colectivo de pertenza en relación coa Universidade de Vigo, estando abertas á participación de persoas alleas a ela. Cada ruta realizada recoñecerase con 7,5 h ECTS por día de duración. Hai autobuses para trasladar ás persoas participantes desde os tres campus da UVigo. Desde a organización da actividade animan á participación ao público interesado, subliñando non só a oportunidade que dan estes roteiros de coñecer Galicia e a súa contorna, senón polo “bo ambiente que teñen e que fai sentir moi cómodas a todas as persoas que veñen con nós”.

Tras este roteiro, a penúltima andaina universitaria, o 5 de abril, terá como escenario as Fragas do Eume, o “bosque atlántico mellor conservado de Europa”, e o Mosteiro de Caaveiro. Por último, para pechar a programación de rutas culturais do curso 2024/2025, a UVigo propón a realización dunha nova etapa do Camiño dos Faros, concretamente a que vai de Arou a Cabo Vilán, en Camariñas, o día 26 de abril.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.