spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaAs Rondallas e Ranchos de Reis amenizan a xornada festiva nunha cita...

As Rondallas e Ranchos de Reis amenizan a xornada festiva nunha cita multitudinaria en Redondela

as-rondallas-e-ranchos-de-reis-amenizan-a-xornada-festiva-nunha-cita-multitudinaria-en-redondelaMáis de 300 persoas desfilaron esta mañá coas cinco Rondallas e Ranchos de Reis que participaron na tradicional cita da vila. As Rondallas do CCR Beade, Pontellas, CC Santa Eulalia de Mos, Guizán e o Rancho de Reis As Cortellas puxeron a música e o baile nas rúas de Redondela ateigadas de público

Revista Cousas De Nº20

Como cada ano, fieis á súa cita, as Rondallas e Ranchos de Reis non faltaron na xornada festiva en Redondela. O certame organizado pola concellería de Cultura do Concello de Redondela contou cun total de cinco agrupacións que protagonizaron esta mañá un fermoso desfile co música e baile. Numeroso público congregouse un ano máis nas rúas de Redondela para gozar deste tradicional espectáculo. Máis de 300 persoas desfilaron coas cinco Rondallas e Ranchos de Reis que participaron na tradicional cita da vila. As Rondallas do CCR Beade, Pontellas, CC Santa Eulalia de Mos, Guizán e o Rancho de Reis As Cortellas puxeron a música e o baile nunhas rúas ateigadas de público. Foi unha animadísima xornada, na que as diferentes agrupacións interpretaron temas tradicionais pero tamén outros como bandas sonoras de películas como “Piratas del Caribe” ou temas de Nino Bravo que fixeron vibrar ao público. A concelleira de Cultura, Rita Pérez, salienta “a calidade de todos os participantes e o extraordinario ambiente que se viviu esta mañá na vila”. Cada agrupación recibe do Concello un premio de 500 euros pola súa participación.

Nesta xornada festiva celebrouse tamén a tradicional feira do día 6, a máis importante do ano, que congregou a numeroso público. A alcaldesa, Digna Rivas, salientou o “éxito” desta xornada de Reis “con moitísimo público nas rúas de Redondela de todas as idades, tanto para gozar das Rondallas e os Ranchos de Reis como na feira, que non se lembraba con tanta xente desde hai anos”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.