spot_img
InicioBaixo MiñoAs mulleres rosaleiras, protagonistas da exposición de Mar Caldas no Centro Galego...

As mulleres rosaleiras, protagonistas da exposición de Mar Caldas no Centro Galego de Arte Contemporánea

as-mulleres-rosaleiras-protagonistas-da-exposicion-de-mar-caldas-no-centro-galego-de-arte-contemporaneaA exposición ‘Mulleres, traballo e memoria’ rende homenaxe á loita de tres xeracións de mulleres galegas a través dunha reflexión visual sobre a realidade laboral feminina

Revista Cousas de Nº24

O Rosal loita pola súa memoria e agora, a través da obra de Mar Caldas, volve ser testemuña do traballo e da dignidade das mulleres que construíron a súa historia. O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago de Compostela colle ata o vindeiro 25 de maio a exposición ‘Mulleres, traballo e memoria’, unha mostra que percorre a complexa e profunda obra da artista viguesa e na que as mulleres rosaleiras son grandes protagonistas.

A artista, pioneira na práctica da arte feminista en Galicia, propón un percorrido visual por toda a súa traxectoria que invita a reflexionar sobre as loitas das mulleres galegas no eido laboral. A través dunha selección de pezas fotográficas e de vídeo, Caldas logra reconstruír a memoria de mulleres de tres xeracións que loitaron contra os obstáculos impostos pola sociedade.

Esta mostra pon en valor ás mulleres rosaleiras, protagonistas de catro cadros de gran formato nos que se recollen as imaxes de nove mulleres. Xunto a isto, un vídeo amplifica a súa representación, mostrando a máis de 90 mulleres que participaron no proxecto ‘Cen por cen contigo’ e outras 27 no de ‘Facedoras’, iniciativas de Mar Caldas que teñen como foco as historias de traballo e vida das mulleres rurais.

Ao abeiro das actividades do Mes da Muller no Rosal, o Concello organizará unha visita guiada á exposición o próximo 22 de marzo, especialmente dirixida ás mulleres protagonistas e aos seus familiares, e que será acompañada pola propia artista. Unha oportunidade única para achegarse á obra de Mar Caldas e reflexionar sobre a importancia do recoñecemento do traballo feminino na nosa sociedade.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.