spot_img
InicioBaixo MiñoAs Festas de San Telmo de Tui reafirman o seu carácter de...

As Festas de San Telmo de Tui reafirman o seu carácter de interese turístico galego

as-festas-de-san-telmo-de-tui-reafirman-o-seu-caracter-de-interese-turistico-galegoAs Festas de San Telmo reafirman o seu carácter de interese turístico galego coa transformación iniciada hai uns anos, e continúan coa potenciación dos valores locais.

Revista Cousas De Nº20

Estas festas, para vivir na rúa, foron presentadas na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto ás concelleiras Sonsoles Vicente e Ana Núñez, e os concelleiros Rafael Estévez, Miguel Méndez e Ismael Diz. O programa festivo, que se vai desenvolver do sábado 30 de marzo ao luns 8 de abril, abrangue actividades para todas as idades cunha ampla oferta na que salienta a colaboración das distintas asociacións tudenses.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, lembrou na súa intervención a transformación que as festas experimentaron nos últimos anos, dende a organización por parte do Concello, ao pregón a cargo dunha persoa galega de renome, á Gala dos Premios Cidade de Tui, ou os diferentes escenarios das actividades coa incorporación do Espazo Feiral, o cambio do libro de festas por unha publicación que pon en valor a riqueza patrimonial da cidade, respondendo así, dicía, a esencia de Festas de Interese Turístico Galego. Engadía Enrique Cabaleiro, que tamén deben ser tamén “un expoñente claro para ser un medio de difusión da nosa cultura, dos nosos emprendedores e dos nosos produtores culturais e musicas”. Engadía que na programación deste ano tamén se tivo en conta que respondan ao equilibrio financeiro e orzamentario.

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, repasou polo miúdo a programación das festas que se pretendía chegar a todo tipo de gustos e público, pensando tamén na poboación nova, apostando para que a mocidade tamén se implique nas festas e as disfrute.  Explicou coma neste 2024 haberá distintos escenarios coma a praza da Inmaculada, a carpa da Corredoira, o Espazo Feiral, ou a rúa Compostela.

O concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, avanzou que na Carreira Popular de San Telmo se supera xa o centenar de inscritos, e confirmou que este ano a Feira Cabalar celebrarase durante tres días, o sábado 6, domingo 7 e luns 8.

Mentres a concelleira de Comercio, Ana Núñez, explicou os detalles do III Encontro de Viños da Raia que o sábado 30 e o domingo 31, na praza da Inmaculada, reunirá a 14 adegas que porán en valor o promocionarán o produto local.

O pregón da actriz Isabel Blanco abrirá o programa festivo o sábado 30 ás 12.45 h na praza da Inmaculada. Nesta primeira xornada celebrarase a IV Gala Premios Cidade de Tui no Teatro Municipal. Fillas de Cassandra encabezan o cartel musical deste ano co concerto que ofrecerán o sábado 30 ás 00 h no Recinto Feiral. Previamente actuará Quinkillada e para pechar a noite contarase con Dj Amarok.

Mondra actuará o domingo 7 no Espazo Feiral. Pero amais na programación figuran tamén concertos de The Turre’s Band, Manuel Madarnás, Pacheco Bros, Acevedos Delgados, La Timba Mullallo, Gin Tonic e D’Crooners Band,

O público infantil e familiar poderá gozar con “Os ourizos agarimosos”, Barafunda, Peter Punk,e O Show de Fifo.

O son das bandas de música Popular de Tui, Xuvenil de Tui, a Agrupación Musical do Rosal, a Unión de Guláns, e a Escola Naval Militar de Marín. As corais tudenses do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo actuarán no centro de día Amoralia e nas residencias Paz e Ben e San Telmo. Nas rúas de Tui non faltará a animación das charangas A Tu Ritmo e Cantos Somos, de Pulpiño Viascón, Troula, e na carpa da Corredoira actuará o alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Tui.

Non faltará a música tradicional co Festival Folclórico o domingo 31, pero tamén cos grupos Santa Columba de Ribadelouro, as bandas de gaitas “Arume” de Malvas, e “Lembranzas da Terra” de Guillarei.

As verbenas serán amenizadas por América, La Oca Band, Claxxon, Los Players, e actuará tamén Dj Enter.

A gastronomía estará moi presente nas festas tanto pola Festa do Meixón que será presentada a próxima semana, coma polo III Encontro de Viños da Raia que se desenvolverá o sábado 30 e o domingo 31, así coma polos postos gastronómicos a cargo de asociacións culturais tudenses que haberá no Recinto Feiral.

Cómpre salientar tamén un ano máis a exposición de Fotografía Antiga de Tui que recuperará imaxes que forman parten xa da nosa historia.  Do luns 1 ao venres 5 o Teatro Municipal acollerá unha nova edición do Festival de Teatro Amador a cargo dos grupos locais CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins e A Insua, que estrearán aquí as súas novas montaxes.

No eido deportivo celebrarase o sábado 6 unha nova edición da Carreira Popular de San Telmo para a que está aberto o prazo de inscrición en atletismotui.wordpress.com. O domingo 7 levarase a cabo a Andaina de San Telmo e no barrio de San Bartolomeu o sábado 6, domingo 7 e o luns 8 celebrarase a tradicional Feira Cabalar de San Telmo.

As festas rematarán coa solemne procesión de San Telmo que o luns 8 percorrerá as rúas de Tui e coa tirada de fogos piromusicais.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.