spot_img
InicioBaixo MiñoAs bandas de música de Jumilla e Tui actúan este venres na...

As bandas de música de Jumilla e Tui actúan este venres na praza de San Fernando

as-bandas-de-musica-de-jumilla-e-tui-actuan-este-venres-na-praza-de-san-fernandoO son das bandas de música pechará este venres, 23 de agosto, ás 21 h na praza de San Fernando a programación “Tui, verán na rúa” coa celebración do XXIX Festival de Bandas de Música

Revista Cousas De Nº22

Este evento, clásico no verán tudense, estará protagonizado pola Asociación Musical Julián Santos de Jumilla de Murcia e pola Banda de Música Popular de Tui, que ofrecerán un variado repertorio que irá dende a música tradicional, onde non faltarán os pasodobres, até composicións máis contemporáneas, con sonoraidades galegas, españolas e portuguesas.

Abrirá o festival Asociación Musical Julián Santos de Jumilla baixo a dirección de Salvador Pérez Sánchez para interpretar “Tierra” de  Santiago Quinto Serna, “Rapsodia Gallega” de Julián Santos, “Lusitanidades” de Carlos Marqués, “Hispania” de Óscar Navarro e “Canto a Murcia” de Francisco Alonso.

A Asociación Musical Julián Santos de Jumilla fundouse en 1989 e conta na actualidade con máis dun centenar de integrantes. Ten realizado numerosas actuacións en toda a rexión de Murcia, pero tamén en España e no estranxeiro destacando a súa participación no “6th International Carlsbad Wind Music Festival” en Karlovy Vary na República Checa. No seu haber ten entre outros, o Primeiro Premio do XII Certamen Nacional de Bandas de Música de Murcia. Teñen dous traballos discográficos  “V Aniversario”, e “25 Años de Música”.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

A Banda de Música Popular de Tui, dirixida por Eloy Carrera, interpretará “Bagaxes” de Carlos Rodríguez, “Satierf Odracir” de Nuno Osorio e “Suite Galaica” de Antón Alcalde Rodríguez. A banda tudense comezou a súa andadura a finais do século XIX, suspendendo a súa actividade até en dúas ocasións ao longo do século XX, para retomala xa de xeito estable no anos 80. Son numerosos os concertos que ten ofrecido en Galicia, Portugal, Arxentina, e noutros puntos de España. Este verán participou no Certame Nacional da Bandas de Música en Málaga e o ao pasado foi a banda convidada no festival de bandas de música de Jumilla. A súa presenza é habitual en festas e romarías en Tui e toda a contorna a semana pasada participaron nas festas da Virxe do Camiño e de San Roque, e esta próxima fin de semana estarán nas festas de San Bartolomeu e da Virxe da Rocha en Caldelas.

Programa

Asociación Musical Julián Santos de Jumilla (Murcia)

Director: Salvador Pérez Sánchez

  • Tierra – pasodoble Santiago Quinto Serna
  • Rapsodia Gallega – rapsodia Julián Santos
  • Lusitanidades Carlos Marqués
  • Hispania – fantasía Óscar Navarro
  • Canto a Murcia – La Parranda Francisco Alonso

Banda de Música Popular de Tui

Director: Eloy Carrera Bernárdez

  • Bagaxes – pasodoble Carlos Rodríguez
  • Satierf Odracir Nuno Osorio
  • Suite Galaica Antón Alcalde Rodríguez
- Publicidade -spot_img