spot_img
InicioVigo e áreaVigoAs artes escénicas as grandes protagonistas na programación Vigocultura dos próximos dous...

As artes escénicas as grandes protagonistas na programación Vigocultura dos próximos dous meses

as-artes-escenicas-as-grandes-protagonistas-na-programacion-vigocultura-dos-proximos-dous-mesesO Concello de Vigo ven de presentar a programación municipal de artes escénicas Vigocultura para o periodo febreiro-abril de 2024, que inclúe 27 espectáculos de diversos xéneros (rúa, música, teatro, clown, danza, maxia e ilusionismo, monólogo, circo….) e tanto para público adulto (venres e sábados ás 20:00 h) como familiar (domingos ás 18:00 h).

Revista Cousas De Nº20

A programación dará comeza co espectáculo de rúa “O Bosque viviente”, da compañía viguesa Sara Producción&Animación, o sábado 3 de febreiro, ás 19:00 h, pola rúa do Príncipe, dende o Marco ata a Porta do Sol.

As actuacións no Auditorio Municipal do Concello comezarán o venres 9 de febreiro e prolongaranse ata o domingo 28 de abril. Conmemoraranse datas como o “Día Internacional da Muller”, o “Día Mundial do Circo” e mailo “Día Internacional da Danza”. Tamén contará cun espectáculo para bebés (de 6 meses a 4 anos) a cargo da compañía galega Trémola Teatro, un espectáculo sensorial que terá tres funcións: 12:00, 16:30 e 18:00 h, con aforo super reducido.

VENDA DE ENTRADAS:

As entradas poranse á venda a partir das 10:00 h deste venres, 26 de xaneiro. Poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):

  • A través da páxina web de Giglon: giglon.com
  • Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas.
  • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)

DESCONTOS PARA MOCIDADE:

Co obxecto de fomentar a asistencia aos espectáculos de artes escénicas da mocidade, o público menor de 25 anos poderá beneficiarse dun 30% de desconto no prezo das entradas soltas adquiridas anticipadamente a través de Internet para os espectáculos de adultos, co código de desconto OTEATROMOLA (no control de accesos do Auditorio Municipal poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade)

ABONOS:

Só en venda anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio, dispoñibles ata o 15 de marzo.

– ABONO Á CARTA 5: elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10% de desconto sobre o prezo total.

– ABONO Á CARTA 10: elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25% de desconto sobre o prezo total.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.