spot_img
InicioCondado ParadantaA CañizaArxis Percussion Group actúa este domingo no Santuario da Franqueira da Cañiza

Arxis Percussion Group actúa este domingo no Santuario da Franqueira da Cañiza

Arxis Percussion Group actúa este domingo no Santuario da Franqueira da CañizaO Santuario da Franqueira, na Cañiza, acollerá este domingo 10 de setembro ás 19:00 horas un a cargo de Arxis Percussion Group dentro do programa “Música no Ar” da Deputación de Pontevedra.

Revista COUSAS DE Nº18

Esta é, ademais, unha das actuacións do ciclo onde as persoas con discapacidade auditiva terán á súa disposición chalecos con tecnoloxía sen cables que transmiten vibracións dos sons que reciben, permitindo que vivan a experiencia dun concerto de música clásica en directo.

Arxis Percussion Group é unha banda centrada na música de percusión que busca achegar ao panorama galego as últimas correntes estéticas dentro da súa familia de instrumento. A formación interpretará a obra ‘Canto Ostinato’, do holandés Simeon ten Holt e escrita orixinalmente para teclados, pero que pode ser interpretada por diferentes agrupacións instrumentais e por máis ou menos intérpretes. A obra, de orixe minimalista, ten unha duración diferente en cada interpretación, segundo as preferencias dos músicos, o que fai que cada unha sexa diferente. Neste caso, o equipo artístico está composto por Irene Rodríguez e Sabela Castro, ambas co vibráfono, e Isabel Diego e Noè Rodrigo, que estarán ás mazas da marimba.

A actuación terá lugar ás 19:00 horas no exterior do Santuario da Franqueira e as persoas con discapacidade auditiva poderán desfrutar do espectáculo con chalecos vibratorios

Arxis Percussion Group aposta por convertese nunha plataforma de encontro entre percusionistas residentes en Galicia. Os seus integrantes colaboran ademais de maneira asidua con prestixiosas orquestras de ámbito internacional como o Concergebouworkest de Ámsterdam, a Orquestra Sinfónica de Galicia ou a Orchestre Philarmonique Royal de Liége.

Con “Música no Ar”, a Deputación de Pontevedra programou ao longo do verán quince actuacións en museos, igrexas, bens do patrimonio industrial, castelos, pazos ou fortalezas. Trala actuación deste domingo, o programa chega ao seu fin o 30 de setembro coa actuación de Camerata Arven na igrexa parroquial de San Martiño de Forcarei.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.