Inicio Pontevedra Val Miñor Arranca o III Obradoiro de Emprego “Terras Do Miñor”

Arranca o III Obradoiro de Emprego “Terras Do Miñor”

A Mancomunidade de Concellos do Val Miñor en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, pon en marcha un novo Obradoiro de Emprego ao abeiro dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia. O proxecto Obradoiro de Emprego TERRAS DO MIÑOR III, promovido pola mancomunidade de concellos do Val Miñor ten como finalidade formar a 23 persoas dos tres concellos que forman a mesma , nas competencias profesionais necesarias na rama da hostalaría, de xeito que podan insertarse a finalización do mesmo no mercado laboral , nun sector como os servicios adicados ao turismo que na nosa comarca cada vez ten un maior crecemento.

Esta maña, xunto aos 23 alumnos seleccionados, o Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez, o Alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, o Alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, a Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa da Xunta, Susana Figueroa e o Director do Obradoiro, José Juis Abraira, presidiron o acto de presentación deste III Obradoiro.
III Obradoiro de Empleo "Terras do Miñor"O Alcalde de Baiona, como presidente da Mancomunidade, en nome dos alcaldes de Nigrán e Gondomar deu a benvida aos alumnos e destacou que o proxecto ten como obxectivo principal mellorar a empregabilidade dos mesmos facilitándolles o su acceso ao mercado laboral, xa que conta cun altísimo índice dos participantes que encontran un posto de traballo. Almuiña desexoulles moita sorte e animounos a que o maior partido a esta experiencia formativa e oportunidade laboral co desexo que unha vez finalizada a formación encontren un emprego estable.
Está é a tercera edición deste proxecto formativo, que nas edicións anteriores tivo entre un 75%- 85% de inserción posterior, o que significa un aproveitamento optimo por parte do alumnado de estas políticas activas de emprego.

O proxecto foi redactado polos servicios técnicos de emprego e desenvolvemento local da mancomunidade e solicitado a Consellería de Traballo da Xunta de Galicia en febreiro de 2014.

O proxecto está cofinanciado pola Consellería de Traballo con unha subvención da Concelleria de Traballo e Benestar de 220.000 euros a traves do Fondo Social Europeo e a Mancomunidade do Val Miñor.

A este proxecto se presentaron, a través da correspondente sondaxe remitida polo servizo público de emprego 47 aspirantes dos tres concellos do Val Miñor dos que foron seleccionados polo Grupo Mixto de selección 23 alumnos- traballadores, que durante os seis meses de duración do proxecto se formarán en dúas especialidades co seu correspondente certificado de profesionalidade ; a especialidade de OPERACIÓNS BÁSICAS DE COCIÑA ( con 11 alumnos ) e a especialidade de SERVIZOS DE RESTAURANTE ( con 12 alumnos) durante os seis meses de duración do proxecto.

A parte técnica impartirase nas instalacións do Centro Ángel Bedriñana (Praza Abastos Baiona) ata o mes de novembro para seguidamente comezar coa parte técnica que terá lugar na Residencia de Tempo libre de Patos (Nigrán).

Para a súa xestión e funcionamento o OE contará cun equipo técnico formado por un director, unha titora , unha administrativa e dous expertos docentes nas especialidades respectivas asemade de profesorado para a realización de asignaturas complementarias.

O alumnado será formado integramente nos contidos formativos de ditas especialidades realizando tanto traballo teórico coma práctico entre a obra ou servizo a realizar destacamos a posta en marcha dun comedor social que beneficairá a persoas con menos recursos na comarca e a realización de xornadas de difusión de productos típicos da zona, e en definitiva a realización de todo tipo de actuacións que contempla o itinerario formativo dos correspondentes certificados de profesionalidade.

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies