spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorArcade ultima os preparativos para acoller a segunda edición da Carreira da...

Arcade ultima os preparativos para acoller a segunda edición da Carreira da Ostra

Arcade-ultima-preparativos-acoller-segunda-edición-Carreira-OstraArcade prepárase para acoller o vindeiro domingo 29 de marzo a segunda edición da carreira da Ostra, unha proba atlética de carácter popular que agarda reunir a preto de 400 corredores, o dobre do ano anterior, e que servirá de aperitivo á XXIX Festa da Ostra, que se celebrará a fin de semana do 4 e 5 de abril.

O obxectivo da organización, lonxe da competitividade, é involucrar a tódolos veciños de Arcade e Soutomaior e súa contorna nun evento de exaltación do deporte e a vida saudable, que a cidadanía goce do ambiente festivo.

Inscricións e percorrido

O prazo de inscrición na II Carreira da Ostra permanecerá aberto ata o mércores 25 de marzo no caso da categoría absoluta e ata media hora antes da saída no caso das categorías de menores. A inscrición será gratuita para os veciños empadroados no Concello de Soutomaior e terá un custe de cinco euros para os demais corredores. Os interesados en participar deberán inscribirse na páxina web www.cronotec.es, onde atoparán máis información sobre o evento.

O percorrido terá unha distancia de preto de seis kilómetros, un máis que na primeira edición. O peirao de Arcade será o protagonista absoluto xa que nel se instalarán a liña de saída e o arco de meta e será tamén o lugar de recollida de dorsais. O horario de saída da carreira de menores está previsto para o domingo ás 11.15 horas mentres que a carreira absoluta será ás 12.30 horas.

Os tres primeiros clasificados masculinos e femininos da categoría absoluta recibirán un trofeo conmemorativo mentres que nas categorías inferiores os participantes recibirán unha medalla/agasallo.

A carreira está organizada polo Concello de Soutomaior e conta co patrocinio e colaboración de Panadería Acuña Arcade, Restaurante Avenida, Ostrería Restaurante Romasa, Parrillada Restaurante O Caseiro.

- Publicidade -spot_img