spot_img
InicioCondado ParadantaArbo homenaxea ós pescadores do Miño

Arbo homenaxea ós pescadores do Miño

arbo-homenaxea-os-pescadores-do-minoA pesca, forma parte da  cultura, do acervo  e historia de Arbo, conta con séculos de antigüidade, un legado e patrimonio inmaterial que son valores inherentes e únicos que conforman a identidade dos arbenses como pobo.

Revista Cousas de Nº24

Os pescadores, converteron a pesca nun sinal identificativo de Arbo, eles son  quizais os máis esquecidos e menos recoñecidos, e son eles, quen levan nas súas mans a sabiduria dun arte milenario e unha riqueza popular.

A  Festa da Lamprea remóntase á antiga tradición de pesca nas Pesqueiras. Rende un merecido homenaxe a unha forma de vida e a unha riqueza inmemorial, que durante anos, foi para Arbo, un motor económico, modo de subsistencia e mesmo de vida, formando parte imprescindible da súa economía e que marcou a existencia dos seus habitantes.

Na Ribeira do Miño en Arbo, sobre as marxes fluviais, unhas maxestosas construcións que abrazan ao pai Miño. De indubidable interese, son elementos senlleiros, únicos e singulares, que seguimos utilizando para a captura da lamprea, empregando unha técnica ancestral, artesanal, sostible e respectuosa co medio ambiente, tal e como facían os nosos antepasados.

Os Pescadores, expertos coñecedores dos hábitos da lamprea, utilizan a súa astucia e experiencia para capturala. Co seu coñecemento transmitido de pais a fillos,  rexidos por un calendario herdado, que sinala as quendas de pesca, contribúen a manter viva esta práctica antiga e a conservar esta riqueza natural. É imposible definir con exactitude as xeracións de pescadores arbenses que levan usado esta técnica.  Moitos deles, baixaban ao rio, arriscando as súas vidas, saltando de poio en poio,  procedían a armar a súa rede,  acompañados polos seus pais, cando eran todavia uns cativos cativos, sen importar o tempo, as crecidas  e os perigos.

Nun tempo onde  non  tiñan  reloxo,  móbil,  lanternas, traxes de auga ou zapatos, Nunha época,  onde se traballaba de sol a sol, para sacar a familia adiante, sen importarlles madrugar, nin o frío, nin sentir como a humidade ía calando nos seus osos, os pescadores descalzos  percorrían ós camiños ata as pesqueiras  donde só a  luz do candil marcaba os seus pasos, para así cumprir cun rito, que ano tras anos os levaba o río dende febreiro a maio.

Ala polos anos, corenta, cincuenta e sesenta as lampreas abundaban,  e os pescadores estaban practicamente todo o día nas pesqueiras, chegando a dar  nunha xornada máis de 150 lampreas, daquela abundancia,  foron eles os grandes propulsores da Lamprea Seca.

Na beira do Miño,  aínda poderemos ver pequenos refuxios, que utilizaban para gardar os aparellos de pesca, que ademais eran empregados para  cubrirse do frío, tomar un café quente mentres falaban e arranxaban as súas redes, e así pasar as horas de espera entre armar e desarmar.  Eran días duros e de moito traballo, días sen descansar e a piques sin durmir. A noite acababa e a faena no río tamén, pero a xornada continuaba para eles, nas faena do  campo ou nos seus oficios.

arbo-homenaxea-os-pescadores-do-mino

Moitos son os pescadores de Arbo,  grandes na arte de pesca e que nos deixaron este legado que nos distingue, Antonio dos Santos Estevez “O Roxiño”, Os Fernández , o Sr. Abilio Rodríguez de orixe portuguesa e que vivia na Cividade, O Brey, O Gago,  todos eles de Barcela.  Na parroquia de Sela Os Canelas, Os Curillas, Os Leandros, Os do Bugarín, Os da Casa Grande, Os do Blas, Os do Secundino, Os Carballos, Os Sarandón, O Carballosa, O Armandiño, O Bangueses, Os Camiña, Os do Catalan, Os da Laxe, Os da Canexa, Os da familia do Joaquin do Coto, Jose María, Pepe Sobreiral, O Demo e Generosa, única muller pescadora que se coñece.  En Cequeliños O Jesús da Moreira que deixou o testigo ao seu fillo Joaquin Borines e o Sr. Enrique. Luís Alonso Simón veciño da Bouza que  comezou a descubrir o rio  o lado de veteráns pescadores como o seu pai, o Sr Xose Alonso, O Sr. Avelino da Chan, o Sr. Jose Alonso Gil da Bouza, coñecido como O Silvareira, o Sr. Benavides e o Sr Roquete, alumnos avantaxados da vella escola e da tradición. Os Abelardos, O Villaverde e o Mingos da Estación, a Familia da Jorda con Luís a Cabeza, a Familia Merlo, Os da Florinda e o Nelo, O Chosco de Sa Juan, Os Barqueiros, Os do Pataco, Os Vilas, Os do Feo, Os do Jaime e Os do Carteiro.

A figura dos pescadores estará representada por  SEVERO ALONSO SIMÓN o pescador de maior idade neste momento e a GENEROSA TATO NICOLAO, única muller pescadora actualmente,  por representar as distintas xeneracións de Pescadores e Pescadoras de Arbo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.