Inicio Pontevedra Louriña Alumnado dos centros educativos do Porriño participa nun Pleno Infantil no Concello

Alumnado dos centros educativos do Porriño participa nun Pleno Infantil no Concello

Alumnado dos centros educativos do Porriño participa nun Pleno Infantil no ConcelloA infancia do Porriño pide carril bici, transporte público, facer un paseo polo río Louro, máis espazos de lecer e para facer deporte, entre outras demandas expostas no Pleno Infantil.

Vinte representantes de 10 centros educativos de Porriño (dous por centro) participaron hoxe no Pleno Infantil que o Concello celebra cada ano para promover a participación de nenos, nenas e adolescentes.

Tratábase de visibilizar a súa opinión e dereito a participar na xestión da cidade recollendo as súas propostas, tal e como sinala a Convención sobre os Dereitos do Neno.Previamente a alcaldesa e a concelleira de Educación, en compañía dos nenos e nenas representantes dos centros de ensino máis os seus profesores e titores, acudiron ata a entrada do termo municipal pola Avenida de Galicia onde instalouse un dos catro sinais informativos que lembran a condición de Porriño como “Cidade Amiga da Infancia”.

A continuación, de volta na casa consistorial, a alcaldesa deu a benvida ós representantes de cada centro. Eva García lembrou que o mérito de esa declaración da UNICEF a favor do Porriño que acadou o Concello e recibiu en Oviedo hai meses, “tamén é un mérito de todos vós e da comunidade educativa da cidade”.Entre as propostas que os rapaces realizaron durante o Pleno Infantil moitas delas insistiron nunha maior dotación de espazos de lecer e para practicar deporte; demandaron carril bici e transporte público en autobús para comunicar as parroquias e o centro urbán do Porriño.

Asimesmo representantes de varios centros coincidiron en pedir un paseo polo río Louro xunto co saneamento do caudal e as súas marxes.A alcaldesa Eva García agradeceu as aportacións de todos os representantes de colexios e institutos participantes. Ó remate do pleno infantil a alcaldesa e a concelleira de Educación, Lourdes Moure entregaron agasallos e una placa conmemorativa a cada centro escolar participante.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies