spot_img
InicioVal MiñorNigránAcordo en Nigrán dun novo protocolo para a práctica do surf con...

Acordo en Nigrán dun novo protocolo para a práctica do surf con todas as garantías sanitarias

O Concello de Nigrán ven de acordar coa Federación Galega de Surf un novo protocolo de seguridade para adaptar a súa práctica deportiva, concretamente a ensinanza, a todos os requerimentos sanitarios derivados do Covid-19.

Este acordo afecta no municipio á praia de Patos, onde se concentran 5 escolas de surf que, durante os meses de verán, suman o 90% do total de alumnos anuais.

“Do que se trata con este protocolo é de garantizar a seguridade dos bañistas e dos surfistas de xeito que as escolas de surf poidan retomar a súa actividade nos meses máis potentes do ano para garantir a súa supervivencia, xa que o peche derivado do Covid-19 supuxo un grave prexuizo económico para elas”, sinala o alcalde, Juan González. Así, as escolas retomarán as clases con menos alumnos e coordinándose entre elas para que sempre se poidan manter as distancias de seguridade.

As dúas láminas de augas empregadas polas escolas deportivas reducirán o seu número de alumnos ata un máximo de 60, ademais, crearase un acceso provisional á auga para non inteferir cos bañistas

Deste xeito, segundo a zonificación establecida da praia para a práctica de surf por parte das escolas (ocupa cada unha uns 100 metros liñeais) os alumnos se verán reducidos de 80 a 60 nunha das láminas e de 100 a 60 na outra. Paralelamente, sinalizarase mediante cordas un acceso dos surfistas ao auga para que non haxa interferencias cos bañistas na entrada e saída. “Durante o ano isto non é preciso, pero no verán, máxime nesta situación, é o máis recomendable”, incide González.

“O surf é sinal de identidade de Patos e un deporte individual sen contacto, polo tanto, de baixo risco ante o Covid-19, e ofrece evidentes beneficios físicos e psicolóxicos, polo que cremos convinte apostar pola súa continuidade “, finaliza.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.