spot_img
InicioCondado ParadantaAcordo de colaboración social entre a Escola de Fútbol Denis Suárez e...

Acordo de colaboración social entre a Escola de Fútbol Denis Suárez e o Concello de Salceda

Acordo de colaboración social entre a Escola de Fútbol Denis Suárez e o Concello de SalcedaNos pasados meses a Concellería de Servizos Sociais e a Escola de Futbol Denis Suárez reuníronse para levar adiante un proxecto de axuda para as familias máis vulnerables deste concello.

Revista COUSAS DE nº14

Na actualidade , o departamento de Servizos Sociais do concello conta con 29 menores con expediente aberto en situación ou risco de exclusión social.

A Escola xa participou con anterioridade en axudas ás familias de Salceda, no inicio da pandemia Denis Suárez fixo entrega dun donativo  para a distribución de cheques para alimentación básica, prazas gratuítas para o Campus que a Escola realiza todos os veráns e no último Nadal facéndose cargo da compra de agasallos de Reis para os menores vulnerables.

A todas estas accións súmase agora o Programa de Apadriñamento de Accións Sociais.

Obxectivos:

  • Participar no desenvolvemento integral dos menores de familias en situación ou risco de exclusión social.
  • Participar en diminuír a brecha educativa que existe entre os menores en idade escolar.
  • Investir en garantir unha alimentación sa e equilibrada de menores en situación de vulnerabilidade.
  • Cubrir as necesidades de libros e material escolar de menores en idade escolar non obrigatoria.
  • Apoiar aos menores en risco para que poidan ter un espazo seguro lúdico.

Accións:

  • Comedor escolar.
  • Apoio escolar.
  • A escola en igualdade.
  • Campamentos diúrnos de verán.

Dende o concello queremos agradecer o compromiso da Escola Denis Suárez coa poboación máis vulnerable da nosa vila e a súa preocupación polo benestar dos menores en prol da igualdade de oportunidades.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.