Con esta convocatoria, baixo a lema “Achegándonos ao emprego”, finaliza a programación anual do proxecto
A programación anual do proxecto comarcal Valemprego chega ao seu fin coa convocatoria para a última actividade prevista, que se celebrará o mércores 17 de decembro, ás 10.30 horas no Centro Neural de Gondomar, baixo a lema “Achegándonos ao emprego”.
Esta última sesión de Valemprego busca ser unha mesa de traballo aberta e participativa que ten como obxectivo o intercambio de ideas e opinións daqueles temas relacionados co emprego e a formación que adoitan ser máis consultados nos distintos servizos de información municipal.
Co fin de acadar o máximo rendemento deste encontro, tras unha presentación xerais de recursos a cargo do tres AEDLs comarcais, na que serán analizados de forma concisa os programas que as administracións pública pon a disposición dos veciños do Val Miñor, abrirase unha mesa de traballo para que todos os participantes interesados, ben a título individual ou en representación de organizacións empresariais, formativas e sociais, públicas e privadas, poidan facer unha posta en común das súas distintas visións sobre esta cuestión, compartindo as súas experiencias, as súas propostas de mellora e tamén aquela información que, como usuarios deste tipo de servizos, poidan achegar para, entre todos, levar a cabo unha planificación de face ao próximo ano que optimice cuantitativa e cualitativamente os recursos investidos neste tipo de accións.
As persoas interesadas en participar, deben presentar a súa solicitude cubrindo unha ficha que xa está á súa disposición na páxina Web municipal e nos Departamentos de Emprego dos tres concellos, e entregalos nestes servizos ou remitilas á dirección de correo electrónico valemprego@gmail.com, dirección válida tamén para realizar outro tipo de consulta sobre este programa.



