O Concello de Baiona ha decido que a próxima edición da súa festa por excelencia celébrese durante un día máis con motivo da súa declaración como Festa de Interese Turístico Internacional.
Desde o Concello quieren que veciños e visitantes gocen da festa medieval durante tres días. Así pois, os próximos 4, 5 e 6 de Marzo, Baiona engalanarase para acoller os actos da chegada da Carabela Pinta ao porto baionés coa noticia do Descubrimento. O último ano que a festa medieval festexouse durante 3 días foi o ano 2006.
A decisión de prolongar ‘A Arribada’ un día máis foi recibida con gran alegría e entusiasmo por parte da ACEBA (Asocicación de Comerciantes e Empresarios de Baiona), xa que repercutirá moi positivamente nos comerciantes e hostaleiros locais baioneses pois neses días as rúas da Vila recibirán un aluvión de persoas.
Cabe lembrar que a obtención desta catalogación é unha vella aspiración do consistorio baionés que deu un paso en firme o pasado mes de outubro cando se cumpriron cinco anos da solicitude da Arribada como Festa de Interese Turísco Nacional. Tan só cinco anos e apenas un mes despois e, tras unha ardua tarefa de recompilar documentos e certificacións que acreditan a traxectoria e importancia deste popular festexo, o pasado 10 de novembro o BOE recollía a resolución do 27 de outubro na que se recoñecía á “Festa A Arribada da Carabela Pinta a Baiona” Festa de Interese Turístico Internacional.
Ademais de promocionar a festa a través do Calendario 2016 do Concello, onde ‘A Arribada’ é a protagonista, desde o Goberno Municipal quíxose recuperar a xornada do venres.
Ángel Rodal, acompañado polas concelleiras de Cultura e Turismo, María Igrexas e Beatriz González, e o presidente de Aceba, Marcos Comesaña, foi o encargado de trasladar a boa nova aos medios.
“É unha medida consensuada, coordinada coa policía, xa que ampliar a nosa festa por excelencia implica moitas cousas”, sinalou Rodal. “Hai unha montaxe moi grande e un día máis significa moito máis persoal, mellora do servizo de limpeza, tema de seguridade… o demais entendemos que son beneficios”. “Creo que é un día de parabén para os veciños e para os comerciantes, xa que serve para desestacionalizar e deixar riqueza na vila”.
“O terceiro día da Arribada é un logro importante, vital para o sector empresarial, para a hostalería, para a restauración, para o comercio, porque chea Baiona de riqueza e de traballo”, sentenciou Marcos Comesaña, Presidente de ACEBA. Comesaña advertiu aos comerciantes que: “ter un día máis non quere dicir que imos facer máis caixa e xa está, tamén implica que o sector empresarial debe facer un maior esforzo na próxima Festa da Arribada, porque hai que dar mellor servizo, máis calidade e estar máis atentos, non debemos baixar a garda”.
María Iglesias, asegurou que desde o seu departamento vaise a facer moito máis fincapé na parte cultural: “Desde que recibimos a distinción estamos a traballar para facer esta edición moi especial, xa que non se recibe todos os días a máxima distinción que pode recibir unha festa. Estamos a traballar en algo novo, algo distinto. Imos mellorar o atrezo da festa, que vai sorprender moito á xente, facendo fincapé na parte cultural coa ampliación do programa e mellorando os servizos. Tamén se continuará desenvolvendo a nova zona da Palma coa área infantil, que na pasada edición foi un éxito. Estamos a traballar para que sexa a mellor edición da historia”.
Beatriz González, Concelleira de Turismo, comentou que: “o próximo 22 de xaneiro Baiona estará en Fitur, cunha presentación moi especial da festa que non deixará indiferente a ninguén “. Ademais, González destaca a importancia a nivel turístico e comercial da festa medieval “xa que nos axuda a desestacionalizar o turismo e saír do tópico sol e praia”.
Desde o Concello de Baiona quixeron celebrar con esta decisión que a Vila conseguiu un transcendental reto para a súa promoción turística e cultural. Coa distinción de Festa de Interese Turístico Internacional ‘A Arribada’ ve incrementado o seu prestixio e a difusión da conmemoración anual da chegada da carabela A Pinta coa noticia do Descubrimento.



