spot_img
InicioVal MiñorNigránA Xunta visita o concello de Nigrán para coñecer as súas propostas...

A Xunta visita o concello de Nigrán para coñecer as súas propostas sobre a Área Metropolitana de Vigo

a-xunta-visita-o-concello-de-nigran-para-conecer-as-suas-propostas-sobre-a-area-metropolitana-de-vigo

O director xeral de Administración Local, José Alberto Pazos Couñago, reuniuse hoxe co alcalde de Nigrán, Juan Antonio González, e cos representantes dos representantes dos grupos municipais do BNG e de UCN (Unión Centrista de Nigrán) para coñecer as súas propostas sobre a Área Metropolitana de Vigo.

O director xeral destacou a boa predisposición dos asistentes á reunión onde coincidiron na importancia da necesidade de botar a andar a Área Metropolitana o antes posible co máximo consenso posible ente os 14 concellos involucrados.

Nese sentido, houbo un apoio unánime á necesidade dun financiamento progresivo e a que se estableza unha achega fixa por habitante, de acordo coa postura formulada pola Xunta. Tamén foi unánime a petición da posta en marcha canto antes do transporte metropolitano, onde todos coincidiron en que se trata dunha cuestión “fundamental” para os cidadáns da Área, mais aló das diferenzas de matiz sobre a xestión do sistema.

No tocante á Gobernanza os representantes do pleno municipal expuxeron a necesidade de buscar un sistema intermedio que garanta que todos os concellos, incluído Nigrán, estean adecuadamente representados no ente supramunicipal.

Con este encontro, o Goberno galego continúa a rolda de contactos cos 14 concellos que conformarán a Área Metropolitana de Vigo, e proximamente pechará esta rolda cos concellos de Redondela, Porriño, Cangas, Moaña e Vigo co obxectivo de coñecer persoalmente as propostas e suxestións dos representantes municipais e intentar acadar o máximo consenso posible para que Área Metropolitana de Vigo bote a andar canto antes.

- Publicidade -spot_img