Inicio O Morrazo A Xunta ultima a redacción do proxecto do desdobramento do tramo Rande-Domaio...

A Xunta ultima a redacción do proxecto do desdobramento do tramo Rande-Domaio do corredor do Morrazo ao recibir o informe favorable de Fomento para a modificación do ramal da AP-9 cara a Pontevedra

Xunta-abprobará-decreto-permitirá-iniciar-expropiatorio-trazado-desdobramento-Corredor-MorrazoA entrega do proxecto construtivo do desdobramento deste subtreito, de 3,3 Km de lonxitude, está prevista no próximo mes de xaneiro

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a ultimar a redacción do proxecto construtivo do desdobramento do Corredor do Morrazo no treito Rande-Domaio, logo de recibir o informe favorable necesario por parte do Ministerio de Fomento. Esta autorización é necesaria para a modificación do acceso ao ramal cara a Pontevedra da Autopista AP-9, no enlace de Rande, prevista no proxecto de construción do desdobramento do treito Rande – Domaio do Corredor do Morrazo.

Tras recibir este informe favorable, a Axencia Galega de Infraestruturas ultima a redacción do proxecto de Conversión en autovía do Corredor CG-4.1 do Morrazo. Subtreito 1: p.q.0+000-3+250, coa previsión da súa entrega no próximo mes de xaneiro. Isto permitirá avanzar no obxectivo de que as obras poidan comezar en 2015, ano en que os Orzamentos da Xunta destinan 2,14 millóns de euros a esta actuación.

O proxecto construtivo que se está a redatar desenvolve o trazado aprobado en 2013, que respecto ao licitado anteriormente recolle, entre outras modificacións, axustes de deseño en planta e en alzado para minimizar os movementos de terras, así como a nova definición da tipoloxía de dous enlaces. O obxectivo desta actuación é definir unha solución óptima, máis sinxela e equilibrada, así como de menor impacto, mantendo a máxima funcionalidade.

O trazado deste primeiro treito comeza no Enlace de Rande, que conecta a vía autonómica PO-551, (Marín-Rande), a estrada nacional N-554 (Rande-Vilaboa), coa vía de conexión á autoestrada AP-9 e a propia CG-4.1. Nese enlace conflúen todos estas vías nunha glorieta que funciona como elemento canalizador do tráfico achegado.

O proxecto en redacción prevé unha modificación do deseño do enlace que ten por obxecto mellorar a fluidez do tráfico neste punto. A modificación consiste en proxectar unha bifurcación dos dous carrís da calzada esquerda (sentido Rande), a altura do P.K. 0+560, de xeito que o interior continúará cara á glorieta e o dereito separarase para pasar mediante unha estrutura en viaduto sobre a glorieta actual e conectar coa vía de acceso cara á autoestrada AP-9, uns metros antes do cruzamento desta vía baixo a Ponte de Rande.

Con esta solución, segrégarase o tráfico que, procedente do corredor CG-4.1, ten como destino a autoestrada AP-9, que non terá necesidade de pasar pola glorieta, reducíndose en consecuencia o tráfico na mesma; deste xeito, se conseguirá maior fluidez para os vehículos que utilizan a glorieta dende e cara ás estradas PO-551 e N-554.

O novo carril segregado finaliza no carril dereito da actual calzada que une a glorieta coa vía de acceso á autoestrada. Para incrementar a lonxitude do treito de trenzado para os vehículos que, procedentes da glorieta de Rande, desexen acceder ao ramal con dirección Pontevedra, deseñouse un novo acceso, de maior lonxitude, que facilita o cambio de carril e que require do traslado da cabina de expedición de tickets. Para a súa inclusión no proxecto, solicitouse informe ao Ministerio de Fomento, que vén de informalo favorablemente
A Xunta considera fundamental converter o corredor do Morrazo en autovía para reducir os problemas de capacidade da infraestrutura actual. Esta actuación ademais mellorará a seguridade viaria e a estrutura territorial de comunicacións da comarca do Morrazo co eixo atlántico.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies