Inicio Galicia A Xunta reforza a súa aposta pola biomasa con 12,5 millóns en...

A Xunta reforza a súa aposta pola biomasa con 12,5 millóns en 2016 para implantar máis de 1.000 novas caldeiras en Galicia

a-xunta-reforza-a-sua-aposta-pola-biomasa-con-125-millons-en-2016-para-implantar-mais-de-1-000-novas-caldeiras-en-galiciaNunha xornada sobre apoios para a instalación de equipos de Biomasa, o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, salienta que a orde deste ano permitirá xerar un aforro anual de ata 4 millóns en comparación cos combustibles convencionais

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, destacou hoxe que, no marco da aposta pola biomasa e co obxectivo de reforzar o uso deste combustible, o Goberno galego destina este ano máis de 12,5 millóns para a implantación de máis de 1.000 novas caldeiras na Comunidade. “Deste xeito, buscamos incrementar a demanda nos fogares, nas empresas e na propia administración pública, reducindo á metade o gasto en calefacción cun maior compromiso medio ambiental”, salientou Bernardo Tahoces.

Neste sentido, explicou o director xeral, os novos equipamentos permitirán xerar un aforro económico anual de ata 4 millóns en comparación co emprego doutros combustibles convencionais, ao tempo que evitarán a emisión á atmosfera de 30.000 toneladas de CO2 por exercicio.

Os proxectos, dirixidos ao ámbito rural, favorecerán o incremento da demanda en familias, empresas e administración pública con apoios que cobren ata o 75% do seu custo. Así, xunto á aposta pola biomasa nas familias galegas, que se enmarca no Plan de Vivenda Eficiente e suma unha partida de 3 millóns de euros, destínanse case 5,5 millóns a fomentar o emprego da biomasa no tecido empresarial galego, favorecendo a súa competitividade, e na propia Administración.

Así mesmo, e como principal novidade, salientou Bernardo Tahoces, este ano resérvanse 4 millóns de euros á realización de proxectos singulares de district heating, o que permitirá promocionar estas redes de subministración de enerxía xerada con biomasa. Deste xeito, fomentaranse ditas instalacións entre os concellos e as empresas galegas, instalando redes de enerxía térmica con capacidade para cubrir a demanda de varios edificios.

Todas estas actuacións, salientou o director xeral, se encadran no marco da Estratexia de Impulso da Biomasa Forestal que está a promover o Goberno galego co obxectivo de potenciar o uso dunha “enerxía limpa, capaz de reducir a dependencia enerxética de Galicia dos derivados do petróleo; de mellorar a xestión e o rendemento dos montes galegos, contribuíndo á prevención de incendios forestais; de impulsar o aforro e a eficiencia enerxética; e de protexer o medio natural”.

Neste contexto, Bernardo Tahoces sinalou que as actuacións previstas para este ano permitirán mobilizar “24 millóns potenciando unha nova industria ao servizo da recuperación económica” e aproveitando “todo o potencial dos nosos montes”. Así, lembrou, desde a posta en marcha da Estratexia téñense instalado xa 2.000 caldeiras na Comunidade, favorecendo o “despegue da biomasa como fonte de enerxía de presente e de futuro, ao tempo que se fortalece a industria madeireira”.

Para isto, lembrou o director xeral, a Xunta está a dar diversos pasos no marco da Estratexia de Impulso da Biomasa, non só na procura do incremento da demanda, senón tamén na excelencia dos produtos galegos, motivo polo que o selo Galicia Calidade está a certificar a orixe e calidade dos pellets e estelas producidos a partir da biomasa forestal galega. Ademais, estase a apostar pola innovación, fomentando a colaboración do CIS Madeira para propiciar novos proxectos que incrementen a capacidade innovadora da industria; e pola formación e a divulgación, a través do Foro da Biomasa.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies