spot_img
InicioVigo e áreaVigoA Xunta ratifica o seu compromiso coa Fundación Traslatio e o Festival...

A Xunta ratifica o seu compromiso coa Fundación Traslatio e o Festival Iacobus Maris Experience para traer a Vigo os grandes veleiros

a-xunta-ratifica-o-seu-compromiso-coa-fundacion-traslatio-e-o-festival-iacobus-maris-experience-para-traer-a-vigo-os-grandes-veleirosO festival contará con actividades para nenos e maiores, xogos infantís, casetas de comida e bebida, concertos e visitas guiadas

Revista Cousas de nº21

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentou este mércores a terceira edición do festival Iacobus Maris Experience, que converterá a Vigo durante cinco días, do 24 ao 28 de xullo, nunha grande festa marítima. Nun acto celebrado no peirao de Portocultura, no que tamén estiveron presentes a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez; o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana; o comandante naval, Antonio Couce, e o director do festival, Celso Gonzñalez, a representante autonómica ratificou o compromiso do Goberno galego a esta nova edición do evento que se celebrará na dársena da Laxe.

Un ano máis e tras a grande acollida en 2022 e 2023 do festival de grandes veleiros, a Fundación Traslatio, con patrocinio da Xunta de Galicia e colaboración do Porto de Vigo, organiza este ano con numerosas actividades e talleres, acompañado por un espazo gastronómico de cociña do mar e música en directo para todos os públicos e familias.

“É para min unha honra presentar hoxe un espectáculo único que a cidade non vivía desde hai moitos anos e que grazas á implicación da Xunta podemos gozar de novo”. A delegada territorial apuntou que os grandes veleiros tamén traen peregrinos a Vigo. “Como xa sabedes, e ademais é fácil comprobar cada día, a afluencia de peregrinos disparouse neste ano 2024 (máis de 30.000 camiñantes a estas alturas) e xa se bateron todos os récords. As cifras dannos a razón e avalan o apoio da Xunta ás iniciativas para promover o espírito xacobeo”, sinalou.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Ademais, volveu recalcar o apoio decidido da Xunta para que Vigo sexa sede de eventos marítimos de gran relevancia: “Por iso hoxe referendamos o noso compromiso, e xa sabedes que contades coa Xunta na vosa proxección, porque a través deste roteiro marítimo a imaxe de Vigo e Galicia seguirá dando a volta ao mundo”

“Capitán Miranda”, “Evangelina”, “Vera Cruz”…

Así, participará no festival o “Capitán Miranda”, buque escola de Uruguay que serviu orixinalmente como barco hidrográfico para investigación oceanográfica e elaboración de cartas mariñas. Tamén a goleta galega “Evangelina”, a carabela portuguesa “Vera Cruz” ou a fragata “Shtandart” participarán no festival, que contará igualmente con barcos da Asociación de Mariñeiros Tradicionais de Bouzas.

Visor “Nautilus” e buque “Hidria Segundo”

Outro dos atractivos do evento serán as visitas ao visor submarino “Nautilus”, o observatorio baixo o mar onde pode observarse o avance do crecemento da flora e fauna mediante un proxecto ecolóxico no marco da estratexia bluegrowth.

O "Hidria Segundo", o único barco en activo con motor de vapor en España volve a Vigo

Tamén se poderá visitar o barco de vapor “Hidria Segundo”, único en toda España, e que ofrece desde un percorrido guiado polo barco ata talleres para grandes e pequenos onde a diversión está asegurada.

“Sons do Porto”

Outro aspecto importante será a música en directo con “Sons do Porto”, concertos con grupos locais. Tampouco faltará a comida no espazo gastronómico, desde o máis tradicional ata a nova cociña galega ou os obradoiros e programas radiofónicos de música.

- Publicidade -spot_img