spot_img
InicioGaliciaA Xunta promove o turismo de natureza galego na feira INTUR de...

A Xunta promove o turismo de natureza galego na feira INTUR de Valladolid

A Xunta promove o turismo de natureza galego na feira INTUR de ValladolidTurismo de Galicia instalou un recinto institucional para a promoción turística de Galicia de 112 metros cadrados no recinto de exposicións da cidade castelá

Turismo de Galicia tivo esta semana unha nova cita cunha das feiras de promoción e comercialización do ámbito turístico da natureza máis importante do calendario en España. Trátase da feira INTUR, que celebrouse en Valladolid desde o xoves 27 de novembro ata hoxe domingo, día 30 de novembro.

Deste xeito, Turismo de Galicia instalou na capital do Pisuerga, dentro do certame INTUR, un stand de 112 metros cadrados para a promoción e apoio á comercialización dos produtos turísticos galegos relacionados coa natureza, o deporte, a cultura e a gastronomía.

INTUR celebrou este ano a súa XVIII edición e continúa a ser un dos referentes nacionais para a promoción turística interior. Entre o seu público contou con moitos clientes turísticos de Galicia e persoas interesadas pola oferta da Comunidade galega.

O público de INTUR sentiuse especialmente atraído polo Camiño de Santiago, os espazos naturais de Galicia, a costa e o turismo rural.

INTUR negocios
Paralelamente, desenvolveuse o programa INTUR negocios, unhas xornadas de comercialización reservadas aos profesionais do turismo. Este ano participaron arredor de cen compradores dos que un 46 por cento foron estranxeiros.

Nestas xornadas participaron empresarios membros do Clúster Turismo de Galicia, acompañados pola directora de Promoción de Turismo de Galicia, Camen Pita, quen tamén asistiu á inauguración oficial da feira.

Turistas de Castela e León
Polo que respecta aos cidadáns de Castela e León que visitaron Galicia ao longo deste ano, cabe salientar que nos primeiros 10 meses do ano 2014 xa foron 177.238 os visitantes. Estes fixeron ademais 398.007 pernoitas nos establecementos turísticos da comunidade galega. Así os viaxeiros procedentes de Castela e León supuxeron o 8,1 por cento dos turistas nacionais que nos visitaron durante este período.

No ámbito do Camiño de Santiago, dende xaneiro a outubro, 7.584 peregrinos de Castela e León recibiron a Compostela, o que supón un 7,2 por cento do total dos peregrinos españois que percorreron a ruta xacobea neste período.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.