spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Xunta presenta en Baiona a nova campaña de turismo "Galicia senta...

A Xunta presenta en Baiona a nova campaña de turismo “Galicia senta ben”

A Xunta presenta en Baiona a nova campaña de turismo "Galicia senta ben"
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, exerceu de anfitrión, interveu en primeiro lugar no acto para dar a benvida á Vila ás persoas convidadas á presentación

A nova campaña de Turismo de Galicia promociona as paraxes naturais, os espazos urbanos e os establecementos hostaleiros das catro provincias

Revista COUSAS DE Nº17

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou onte na presentación en Baiona da nova campaña de turismo “Galicia senta ben”. Rueda, puxo en valor o presente e o potencial do sector turístico en Galicia, que neste 2023 xa está superando as cifras de peregrinos, viaxeiros e de ocupación hoteleira rexistradas a estas alturas do ano pasado.
A Xunta presenta en Baiona a nova campaña de turismo "Galicia senta ben"
O Presidente da Xunta aproveitou a presentación en Baiona da nova campaña Galicia senta ben de Turismo de Galicia para enxalzar a aposta do Executivo autonómico por un turismo responsable, sustentable e adaptado á vida diaria dos galegos. O plan publicitario estará activo ao longo dos vindeiros meses co obxectivo de promocionar as paraxes naturais, os espazos urbanos e establecementos hostaleiros das catro provincias.

O modelo turístico de Galicia coincide co que demandan os novos viaxeiros, como o demostran os datos do INE para o sector no primeiro cuadrimestre do ano, con 1,3 millóns de viaxeiros e 2,3 millóns de noites no conxunto de aloxamentos turísticos da Comunidade, o que supón un incremento do 19 % e do 17 %, respectivamente co ano anterior. Segundo explicou Alfonso Rueda, as cifras invitan a ser optimistas e a poder afirmar que Galicia está selando “un novo ano histórico” para o turismo.

Neste sentido, o presidente enxalzou a importancia do Camiño de Santiago e a influencia da Década Xacobea no crecemento dos datos de turistas en Galicia. A falta de semana e media para que remate xuño, a Oficina do Peregrino anotou xa máis de 155.000 camiñantes. No 2022 e cos rexistros do mes completo, a cifra quedou en 151.500 peregrinos.

O fenómeno do Xacobeo e do Camiño, enxalzou o presidente, resulta ser en moitos casos só un petisco de Galicia para milleiros de peregrinos que acaban volvendo para gozar do que lles quedou pendente na súa primeira visita. “Galicia está aberta a todo o mundo”, indicou Rueda, porque son moitos os seus atractivos e porque “queda moito por descubrir”.

O titular do Goberno galego asegura que o sector “acertou” na pandemia co apoio da Administración autonómica ofrecendo aos turistas o que precisaban e poñendo de moda Galicia, polo que agora é o momento “de recoller os froitos”, sen esquecer “o sentidiño” para xestionar con éxito esta nova etapa na que invitou a reconquistar o turismo internacional, que xa volve a ser maioría no Camiño. “Temos que coidar aos de sempre e abrirnos aos que veñen de novo”, indicou.

En sintonía coa nova campaña de Turismo de Galicia, o titular do Goberno galego aseguro que “Galicia senta ben” e que “hai que contalo a todo o mundo”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.