spot_img
InicioGaliciaA Xunta organiza a andaina “Camiño ao respecto” para expresar o rexeitamento...

A Xunta organiza a andaina “Camiño ao respecto” para expresar o rexeitamento da violencia de xénero

A Xunta organiza a andaina “Camiño ao respecto” para expresar o rexeitamento da violencia de xéneroA andaina estivo encabezada polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella

 

Con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, que se conmemora o próximo 25 de novembro, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, encabezaron onte unha andaina desde o Monte do Gozo á Praza do Obradoiro, onde leron un manifesto de rexeitamento da violencia de xénero.

O obxecto desta andaina é promover a participación cidadá a prol do rexeitamento público e formal contra a violencia de xénero e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre homes e mulleres, valores que encarna o Camiño de Santiago.

Os representantes autonómicos destacaron o compromiso da Xunta para articular unha resposta global fronte á lacra da violencia de xénero, a través dunha asistencia integral ás mulleres vítimas, aos seus fillos e fillas e a outras persoas ao seu cargo, así como fortalecendo a prevención para avanzar na paulatina redución da violencia contra as mulleres ata a súa erradicación.

Nesta ocasión, e como xa se avanzara na presentación da campaña “Se a maltratas a ela, maltrátasme a min”, o Goberno galego quere facer especial fincapé na prevención da violencia machista nas mulleres maiores de 65 anos, nas que a convivencia prolongada co agresor leva a cronificar e normalizar estas situacións intolerables.

Doutra banda, a Xunta quere poñer tamén o acento na poboación máis nova, onde se está detectado de maneira preocupante unha reprodución do sexismo e estereotipos de xénero que parecían erradicados. Precisamente, ao finalizar a andaina no Obradoiro dous estudantes universitarios, Tamara Pazos e Emilio Froján, tamén quixeron expresar o seu rexeitamento á violencia de xénero poñendo voz aos máis novos.

O Goberno galego está convencido de que a familia e a escola son os dous ámbitos de socialización que máis inflúen na aprendizaxe das persoas, e polo tanto é neses ámbitos onde a Xunta debe traballar tanto na prevención de actitudes sexistas e discriminatorias, como en fomentar a reflexión sobre os roles e os valores que rexen na sociedade.

A Xunta organiza a andaina “Camiño ao respecto” para expresar o rexeitamento da violencia de xénero

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.