spot_img
InicioGaliciaA Xunta incorpora ao catálogo de árbores senlleiras varios exemplares localizados nos...

A Xunta incorpora ao catálogo de árbores senlleiras varios exemplares localizados nos concellos de Pontevedra, Redondela, Mondoñedo e Padrón

O xardín Botánico de Lourizán será nomeado socio numerario da Asociación Ibero-Macaronésica de xardíns botánicos
Xardíns de Lourizán

Con estas últimas incorporacións, o catálogo suma xa no conxunto da Comunidade 204 elementos, entre árbores e formacións, pertencentes a 84 especies diferentes

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

O Diario Oficial de Galicia  (DOG) publica hoxe a resolución pola que se inclúen no Catálogo galego de árbores senlleiras de varios exemplares e unha formación localizados nos concellos de Pontevedra, Redondela, Mondoñedo e Padrón.

No caso do concello de Pontevedra, inclúese no Catálogo unha formación de tres exemplares de azaroleiras (Crataegus azarolus) da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, en Lourizán. Destacan polo seu porte, dendometría, idade e rareza, así como pola súa significación cultural, educativa e estética.

Tamén dous exemplares localizados na Casa-Museo de Rosalía de Castro -unha camelia (Camellia reticulata Lindl x Camellia japonica) e o coñecido como Loureiro dos Poetas (Laurus nobilis)- se incorporan ao Catálogo pola súa significación histórica e cultural. De feito, este loureiro é unha das árbores máis salientables do Xardín de Rosalía e foi coetáneo coa estancia da escritora en Padrón.

A maiores, inclúese no Catálogo galego de árbores senlleiras un érbedo, localizado en San Xoán de Cabeiro, no Concello de Redondela, que é un exemplar de Arbutus unedo L que salienta pola súa dendrometría, idade e porte.

O porte é tamén o motivo da catalogación do Plataneiro de Sombra (Platanus hispanica Mill. ex Münchh), que se localiza no Pazo de San Isidro, no concello de Mondoñedo.

A resolución publicada hoxe no DOG inclúe tamén a descatalogación do Cocoteiro do Pazo de Meirás, en Sada; do Carballo do Pazo de Vilardefrancos, en Carballo, e das Faias do Pazo de Castrelos, en Vigo.

Nesa liña, cómpre lembrar que o Catálogo galego de árbores senlleiras é unha ferramenta pública e en constante actualización, xa que poden propoñer a inclusión de elementos novos os seus propietarios, as administracións, os centros de investigación ou as asociacións e entidades públicas ou privadas que teñan entre os seus fins a protección da natureza.

De feito, desde a aprobación do seu regulamento no ano 2007, este inventario de carácter administrativo foi obxecto de diversas revisións e periodicamente sométense a información pública novas propostas para valorar a incorporación de exemplares con valores salientables.

Neste sentido, no catálogo son susceptibles de incluírse todas aquelas árbores e formacións merecentes de protección en atención ás excepcionais características do seu porte, proporcións, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico ou calquera outra circunstancia que as faga merecedoras dunha especial protección.

Na actualidade, o Catálogo galego de árbores senlleiras suma xa un total de 204 elementos (156 exemplares e 48 formacións arbóreas) pertencentes a 84 especies diferentes e coa seguinte distribución:

PROVINCIAÁRBORESFORMACIÓNSTOTAL
A Coruña431457
Lugo36743
Ourense22628
Pontevedra552176
Galicia15648204

 

@fonte:XuntadeGalicia

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.