spot_img
InicioGaliciaA Xunta impulsará proxectos innovadores na economía social para atraer talento e...

A Xunta impulsará proxectos innovadores na economía social para atraer talento e crear nichos de emprego no medio rural

a-xunta-impulsara-proxectos-innovadores-na-economia-social-para-atraer-talento-e-crear-nichos-de-emprego-no-medio-ruralA Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, estrea o programa O noso reto solidario, co que pretende identificar e propulsar iniciativas dentro da economía social que resulten innovadoras e que destaquen pola súa implicación rural e polo compromiso co emprego inclusivo

Revista Cousas De Nº19

A través da sinatura de convenios con tres fundacións – Roberto Rivas, Amicos e Marcelino Botín-Sanz de Sautola y López- a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade pon en marcha esta iniciativa para seguir a apoiar o emprendemento na economía social e poñer en valor a súa implicación co ámbito local e rural a través de proxectos sustentables, competitivos, que atraian talento e sexan inclusivos coas persoas e coa contorna.

No marco do proxecto identificaranse, nun inicio, entidades da economía social que destaquen polas súas ideas innovadoras. Contribuirase con isto a fomentar novos nichos de emprego que propicien o arraigamento da poboación e a impulsar o papel da muller no medio rural. Tamén se porán en valor propostas dirixidas a colectivos vulnerables, persoas mozas, desempregadas ou con discapacidade.

O programa quere impulsar o desenvolvemento de iniciativas que avoguen por novos produtos, servizos ou liñas de negocio baixo modelos inclusivos e sustentables. Fomentaranse ademais propostas baseadas en experiencias de economía verde e circular e que contemplen un propósito social.

Entre outras bondades, impulsarase a interrelación agro-cidade con proxectos que avoguen polo artellamento entre as necesidades e os vencellos entre ambas as dúas contornas.

Para financiar o programa, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, aboará un total 25.000 euros ás fundacións coas que colabora.

A Xunta proporcionará ás entidades participantes itinerarios prácticos para desenvolver as súas ideas de negocio, apoio profesional e orientación para enfocar a dixitalización da proposta. Completarase o acompañamento coa mentorización experta, asesoramento xurídico e/ou tecnolóxico.

O noso reto solidario aspira a visibilizar proxectos con enorme valor para xerar emprego e dinamizar contornas e a crear unha rede de contactos entre as entidades beneficiarias e outras empresas, institucións ou organizacións.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.