spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Xunta destinará un investimento de 2,8 millóns de euros para a...

A Xunta destinará un investimento de 2,8 millóns de euros para a construción de 11 sendas sustentables e seguras na Área Metropolitana de Vigo

a-xunta-destinara-un-investimento-de-28-millons-de-euros-para-a-construcion-de-11-sendas-sustentables-e-seguras-na-area-metropolitana-de-vigo

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, destacou hoxe que a Xunta destinará un investimento de 2,8 millóns de euros para a construción de 11 novas sendas sustentables e seguras na comarca de Vigo, que suman un total de 12 quilómetros. Vázquez, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez; e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves; presentou hoxe as actuacións previstas no Plan de Sendas de Galicia para a bisbarra viguesa.

Ethel Vázquez indicou que no verán estarán redactados os proxectos das 11 sendas desta comarca, para proceder á licitación das obras a medida que se vaian recibindo, o que permitiría poder iniciar os primeiros traballos antes de que finalice esta estación. Concretou que se trata de que os veciños de Vigo e do seu contorno poidan ter, canto antes, sendas integradas na paisaxe para realizar os seus itinerarios habituais.

Os itinerarios previstos, nunha primeira fase, para esta área, son os seguintes: PO-325- Zona Monte Lourido; Gondomar- Ramallosa; Amoedo- Pazos de Borbén; Coruxo- Roteas; A Estea; PO-325- Navia; Atín; Parderrubias; Priegue; Santa Marta; e Paseo Marítimo.

A responsable de Infraestruturas salientou que de inmediato encargarase a redacción dos proxectos das 4 primeiras sendas: a que unirá Gondomar e A Ramallosa, que dará continuidade ao eixe Vigo-Baiona ; o itinerario de Atín, na estrada que vai de Torneiros a Gondomar (PO-331); a senda da PO-325 na zona do Monte Lourido; e a PO-325- Navia . Precisou que xa se está a traballar nos proxectos e nas vindeiras semanas os técnicos contactarán cos alcaldes dos distintos concellos para concretar os proxectos das sendas e avanzar nos detalles técnicos.

No seguinte cadro indícanse as sendas proxectadas para a comarca viguesa.

Senda
Estrada
Concello
Lonxitude

PO-325 zona Monte Lourido

PO-325
Nigrán
280

Gondomar – Ramallosa

PO-340
Gondomar/Nigrán
3710

Amoedo – Pazos de Borbén

PO-250

Pazos de Borbén

820

Coruxo – Roteas

PO-552
Vigo
1200

A Estea

PO-552
Vigo
350

PO-325 Navia

PO-325
Vigo
1700
Atin
PO-331
Porriño/Mos
1100
Parderrubias
PO-411

Salceda

1990
Priegue
PO-552
Nigrán
400

Santa Marta

PO-552
Baiona
170

Paseo Marítimo

PO-552
Baiona
370

A conselleira sinalou que estes proxectos supoñen beneficios para as persoas, ao velar pola súa seguridade e tratar de fomentar hábitos máis saudables; as vilas, significando menor conxestión de vehículos en tramos saturados e novos espazos de tránsito; e para o medio natural, garantindo menos contaminación acústica e mellora da calidade do aire, ao reducir a emisión de gas.

Plan de Sendas de Galicia
Estas actuacións presentadas hoxe para a comarca de Vigo están enmarcadas no Plan de Sendas de Galicia, que o pasado xoves se aprobou no Consello da Xunta, e que concreta a construción de 170 novos quilómetros de itinerarios en 7 comarcas.

Nunha primeira fase acometeranse 55 novas sendas e un total 75 km, que suporán un investimento de 26,3 millóns de euros, sen ter en conta a valoración das expropiacións. Avanzarase nesta medida ata ter completados os 170 novos quilómetros de sendas proxectadas en toda a comunidade.

Este Plan de Sendas está en sintonía co Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, que se fixa como obxectivo estratéxico reducir á metade as vítimas mortais nas estradas galegas. Ademais alíñase co Plan Estratéxico 2015-2020 de Galicia e coa Estratexia Europea 2020, en canto ao fomento dunha mobilidade sustentable.

O propósito fundamental desta iniciativa é promover sendas útiles e saudables, ao percorrer a distancia entre os núcleos urbanos e os centros de equipamentos e servizos como centros de saúde, áreas comerciais, lugares de lecer, escolas ou garderías.

O citado plan recolle actuacións coordinadas sobre a totalidade do territorio galego na procura de dous obxectivos prioritarios: protexer e incrementar a seguridade de peóns e ciclistas, os usuarios máis vulnerables das estradas; e promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo desprazamentos alternativos á utilización do vehículo particular.

O Plan elaborouse partindo dunha análise global de toda a comunidade, priorizando aquelas comarcas nas que actuar primeiramente, atendendo a factores como:
• A situación dos núcleos de poboación, os servizos e os equipamentos
• O tráfico e a sinistralidade que rexistra cada treito da estrada
• A orografía e as pendentes do terreo
• O clima
• A facilidade de implantación
• A posibilidade de conectar con percorridos xa existentes

- Publicidade -spot_img