spot_img
InicioGaliciaA Xunta destaca en Santander o valor dos centros galegos das distintas...

A Xunta destaca en Santander o valor dos centros galegos das distintas comunidades autónomas como pontes de unión e diversidade cultural

a-xunta-destaca-en-santander-o-valor-dos-centros-galegos-das-distintas-comunidades-autonomas-como-pontes-de-union-e-diversidade-culturalA directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, participou hoxe en Cantabria no primeiro Festival de Casas Rexionais de España, organizado en colaboración con diferentes entidades -entre as que se encontra o Centro Galego de Santander- e que reuniu a representantes e agrupacións culturais de distintas comunidades autónomas.

Vázquez Domínguez salientou “o papel esencial dos centros galegos das distintas autonomías como espazos de encontro, integración e respecto mutuo, que manteñen vivas as tradicións e fortalecen os lazos entre territorios”. Subliñou tamén a importancia de apoiar estas entidades “porque representan o mellor da nosa diversidade cultural e son exemplo de cooperación entre comunidades”.

O festival, organizado polo Goberno de Cantabria en colaboración co Centro Galego de Santander, o Centro Castellano Leonés, a Casa de Cantabria en Ávila e o Hogar Navarro en Cantabria, contou coas actuacións de Tierra de Castilla Folk, do grupo galego Airiños da Terra e do Grupo Municipal de Danzas de Tudela.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.