spot_img
InicioGaliciaA Xunta de Galicia reforza os servicios profesionáis de atención a persoas...

A Xunta de Galicia reforza os servicios profesionáis de atención a persoas dependentes nos seus propios domicilios

nigran-reafirma-o-seu-compromiso-cos-maiores-con-novos-obradoirosA Xunta de Galicia reforza os servicios profesionáis de atención a persoas dependentes nos seus propios domicilios

A Xunta reforza o seu compromiso coas políticas sociais centradas na mellora da calidade de vida e do benestar das persoas maiores e con discapacidade incrementando de novo o vindeiro ano un 4% os recursos dirixidos a esta finalidade con respecto ao presente exercicio ata acadar os 428 millóns de euros. Practicamente seis de cada 10 euros da Consellería de Política Social destínanse a esta área, “o que pon de manifesto o decidido apoio a estes dous colectivos que son prioritarios para o Goberno galego“.

Os novos orzamentos de Política Social intensifican o alcance do Servizo de Axuda no Fogar nos municipios do Baixo Miño e Val Miñor

Así, na provincia de Pontevedra o investimento na área de Maiores e Persoas con Discapacidade en 2019 chegará a 92 millóns de euros, sendo unha das partidas máis elevada a reservada para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que sube preto dun 17% co obxectivo de incorporar a 1600 novas persoas como usuarias dunha prestación que permite cumprir coa que é a principal demanda dos maiores: recibir coidados sen ter que deixar as súas vivendas.

Dende a Xunta subliñan que Galicia consolídase como a Comunidade Autónoma que máis aposta pola atención profesional a domicilio. E, ademais, deste novo incremento no SAF beneficiarase un bo número de concellos pontevedreses, entre eles os das zonas do Val Miñor e o Baixo Miño. Neste sentido destacan, que no que levamos de lexislatura municipios como Tomiño, Nigrán, O Rosal, Baiona, Oia ou A Guarda viron aumentado a intensidade e alcance desta prestación.

“Un dos obxectivos principais de Política Social como é o feito de que as persoas dependentes teñan ao seu alcance as mesmas oportunidades para decidir como desexan facerse maiores”

Este reforzamento do SAF responde a “un dos obxectivos principais de Política Social como é o feito de que as persoas dependentes teñan ao seu alcance as mesmas oportunidades para decidir como desexan facerse maiores”. Na liña do cumprimento deste fin enmárcase tamén a consolidación doutros dous programas: o Xantar na Casa e a Teleasistencia avanzada.

Xantar na Casa. Este programa fai posible que aqueles maiores que non poidan ou non desexen cociñar teñan un menú diario equilibrado e adaptado as súas necesidades nas súas casas. As localidade de Tomiño ou a Guarda son dúas expoñentes do funcionamento deste servizo nesta zona da provincia.

Teleasistencia, cuxa partida en 2019 medra un 20% cun investimento de 671.000 euros para o conxunto da provincia, permite que os maiores que viven sos reciban a atención que precisan con soamente premer un botón.

Nesta mesma liña, nos orzamentos de 2019 inclúense os fondos necesarios para comezar a incrementar un 10% as axudas para coidados na contorna familiar e un 15% as dirixidas a contratar un asistente persoal. E, ademais, a Xunta ten en marcha un novidoso programa dirixido a dar atención aos maiores dependentes que viven en concellos rurais e que desexan continuar vivindo preto das súas casas. Trátase das Casas do Maior, que serán unha realidade a partir dos vindeiros meses.

Ampliación do Bono Autonomía Residencia.Esta axuda directa chegará ao 100% das persoas en situación de dependencia que estean agardando por un recurso residencial

Así mesmo, un dos esforzos máis importantes que fará a Xunta en materia de dependencia o vindeiro ano é a ampliación do Bono Autonomía Residencia. Esta axuda directa chegará ao 100% das persoas en situación de dependencia que estean agardando por un recurso residencial e, ademais, incrementará de xeito importante a súa contía, entre un 20 e un 75% en función do grao de dependencia.  A Consellería tamén seguirá apostando por consolidar a oferta de prazas públicas en residencias e centros de día, destinando máis de 25 millóns de euros a oferta existente na provincia pontevedresa en centros de día, residencias e fogares residenciais..

A meta fixada polo Goberno galego é acadar, antes de que remate este ano, os 60.000 dependentes con prestación, cumprindo así en soamente dous anos un obxectivo que inicialmente se propuxo para toda a lexislatura.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.