spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorA Xunta de Galicia destina 5 millóns de euros para a construcción...

A Xunta de Galicia destina 5 millóns de euros para a construcción do Instituto de Arcade

 

 

Xunta-Galicia-destina-5-millóns-euros-para-construcción-Instituto-Arcade

O maior proxecto da Xunta de Galicia no Concello de Soutomaior, o Instituto de Arcade, segue a súa marcha. Así o confirmou o goberno autonómico coa inclusión dunha partida de máis de 5 millóns de euros nos seus orzamentos xerais.

A primeira partida, de 1,5 millóns, permitirá o comezo das obras o próximo ano

En total contémplase un investimento de 5.008.662 euros, á que haberá que sumar os investimentos realizados por outros organismos, como o propio Concello, para afrontar a urbanización da contorna no que se situará o novo instituto público.

O calendario plurianual fixado para a construción de centro escolar establece unha división do financiamento en tres partidas. A primeira delas, de 1,541.670 euros, chegará en 2016 para afrontar o inicio das obras e as primeiras licitacións.

O groso do financiamento chegará en 2017, ano no que segundo o calendario previsto hase de construír a maior parte do instituto, e achegará 2,5 millóns de euros. Por último, para o ano 2018, o calendario establece un investimento de 966.992 euros para finalizar a obra, alcanzando así a suma total de 5.008.662 euros.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, mostrouse moi satisfeito pola inclusión dos fondos necesarios para a construción do instituto nos orzamentos da Xunta de Galicia. “Con isto demóstrase o que viñemos dicindo desde hai tempo. Que o instituto chegará e que contamos co apoio da Xunta para facelo posible tal e como pedimos, con secundaria e bacharelato”, afirmou o rexedor local, que valorou esta “gran aposta” do goberno galego nos orzamentos autonómicos como “unha demostración do compromiso adquirido co Concello de Soutomaior”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.