spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Xunta convoca seis novos permisos de explotación para marisqueo a pé...

A Xunta convoca seis novos permisos de explotación para marisqueo a pé na Confraría de Baiona

Susana González a nova patroa maior da Cofraría de Pescadores de Baiona reúnese co presidente de Portos de Galicia para analizar as necesidades do sectorMedio Rural e Mar convoca tamén tres prazas para o exercicio da actividade extractiva de ourizo neste mesmo pósito, dirixidas a persoas que xa conten cun permiso de explotación de percebe a pé en vigor e incluídas no censo de mariscadores do plan de explotación da devandita confraría

A Consellería do Medio Rural e do Mar convoca seis novos permisos de explotación para marisqueo a pé na confraría de pescadores de Baiona (Pontevedra). O Departamento que dirixe Rosa Quintana convoca tamén tres prazas para o exercicio da actividade extractiva de ourizo neste mesmo pósito, dirixidas a persoas que xa conten cun permiso de explotación de percebe a pé en vigor e incluídas no censo de mariscadores do plan de explotación da devandita confraría.

Estas novas incorporacións son unha mostra máis da aposta da Xunta pola xeración de actividade e o incremento dos postos de traballo para a incorporación de xente nova ao marisqueo, especialmente no contexto económico actual.

Para poder optar aos permisos de explotación, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira e presentar a documentación requirida pola Consellería do Medio Rural e do Mar.

En ambos casos, o prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende mañá, tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería.

As solicitudes presentaranse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Medio Rural e do Mar procederá á súa valoración.

Cabe lembrar que todas as prazas se convocan despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sustentabilidade dos recursos e criterios socieconómicos.

Xunta-convoca-seis-novos-permisos-explotación-marisqueo-Confraría-Baiona

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.