spot_img
InicioGaliciaA Xunta convoca o curso de adaptación para licenciados e graduados en...

A Xunta convoca o curso de adaptación para licenciados e graduados en Ciencias Actividade Física e o Deporte para que poidan exercer de socorristas este verán

a-xunta-convoca-o-curso-de-adaptacion-para-licenciados-e-graduados-en-ciencias-actividade-fisica-e-o-deporte-para-que-poidan-exercer-de-socorristas-este-veran

O goberno galego acordou que a acreditación da formación e a inscrición na sección socorristas en espazos acuáticos naturais, poderían optar os licenciados e graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, unha vez superado o curso que hoxe se convoca.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria do curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), para licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.

O obxectivo do curso de adaptación é acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cumprindo co estipulado na modificación do Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, o goberno galego en consenso cos colectivos implicados acordou que a acreditación da formación mínima e a inscrición na sección socorristas en instalacións acuáticas, poderá obterse mediante o título de licenciado ou graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, xunto co certificado de ter superado este curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN).

Así dará comezo na Academia Galega de Seguridade Pública o vindeiro 26 de maio o curso de adaptación con 270 horas lectivas, en horario de venres e sábado -mañá e tarde; e domingos pola mañá. Para o curso hai previstas 25 prazas destinadas a Licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, Técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.

O prazo de inscrición é de sete días naturais a partir de mañá e o persoal que desexe participar no curso deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp. xunta.es).

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.