Inicio Pontevedra A Xunta continúa en Gondomar a súa rolda de contactos cos concellos...

A Xunta continúa en Gondomar a súa rolda de contactos cos concellos da Área Metropolitana de Vigo

Xunta-continúa-Gondomar-súa-rolda-contactos-concellos-Área-Metropolitana-Vigo

O director xeral de Administración Local, Alberto Pazos Couñago, reuniuse esta mañá co alcalde de Gondomar Francisco Ferreira e cos voceiros do PP, PSOE, IXG, CABE e MM no concello para coñecer as súas propostas e suxestións relativas á Área Metropolitana de Vigo.

Como xa fixera en ocasións anteriores, o director xeral destacou o ton cordial deste encontro, que se traduciu nun posicionamento unánime en varios dos puntos a tratar, e en aspectos fundamentais para a posta en marcha da Área Metropolitana de Vigo.

Así, por exemplo, os representantes municipais coincidiron na necesidade de establecer unha cantidade fixa por habitante para financiar a AMV. Para Pazos Couñago este criterio, que xa está recollido na actual lei da Xunta, garante a proporcionalidade das achegas de cada concello integrante do ente supramunicipal.

Así mesmo, o rexedor de Gondomar e os voceiros municipais tamén coincidiron co director xeral na necesidade de atopar unha solución que aposte polo acordo e non polo voto ponderado na Xunta de Goberno, o que significa a unánime aposta do sistema 1 alcalde-1 voto.

Todos os representantes municipais, tanto o alcalde como os membros da corporación municipal presentes na reunión manifestaron o máxime interese en adherirse de maneira inmediata ao transporte metropolitano, inda que previamente teñen que resolver problemas existentes co transporte público actual “ por exemplo urxe buscarlle unha solución ao eterno e inxustificado problema de que os viaxeiros teñan que apearse en Mañufe…”,pero segundo reiteraron unha vez resoltos solicitarán a inclusión no transporte metropolitano.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies