spot_img
InicioGaliciaA Xunta amplía a alerta laranxa costeira ao litoral da provincia de...

A Xunta amplía a alerta laranxa costeira ao litoral da provincia de Pontevedra

Xunta-amplía-alerta-laranxa-costeira-litoral-provincia-PontevedraDesde onte afectaba ás provincias da Coruña e Lugo pero esta tarde, en torno ás 18 h., estendese a Pontevedra con ondas que poderán superar os 5 metros

A Xunta recorda a necesidade de estremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.112galicia.org

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta que o temporal costeiro de nivel laranxa que está a afectar desde onte ás provincias da Coruña e Lugo estenderase esta tarde ao litoral de Pontevedra.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), esperase que a partir das 18 horas se produza en todo o litoral da provincia de Pontevedra un fenómeno de mar combinada do noroeste, con ondas que poderán superar os 5 metros de altura.

Nas provincia da Coruña e Lugo mantense a previsión de mar combinada e ondas de ata 6 metros, se ben na zona noroeste da Coruña esperanse ondas de ata sete metros e vento en mar, que poderá alcanzar a forza 8 en na zona de Ortegal e Estaca de Bares.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do CAE 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.