spot_img
InicioGaliciaA Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa que afectará a partir...

A Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa que afectará a partir de mañá ao litoral da Comunidade

Mar-Baiona-Temporal-

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará ao litoral da nosa comunidade, a partir da tarde de mañá, sábado.

comillasNo mar espéranse ventos de forza 8 con ondas entre 6 e 8 metros

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espéranse ventos do noroeste de forza 8, con mar combinada entre 6 e 8 metros, que dará comezo na tarde de mañá na costa da provincia de Pontevedra, A Coruña e na costa lucense

comillasAgárdanse incrementos dos caudais nos ríos, o que suporá posibles desbordamentos, de carácter puntual, polo que se activa o plan especial de Protección Civil ante o risco de anegamentos en fase de alerta

Ademais, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior tendo en conta os informes de Aemet, Meteogalicia, Augas de Galicia e a Confederación Hidrográfica, agarda novos incrementos dos caudais nos ríos da Comunidade Autónoma, o que suporá o enchido dos cauces e posibles desbordamentos, de carácter puntual, agardando un aumento dos niveis dos ríos en todo o fin de semana. En previsión destes feitos, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, activa o plan especial de Protección Civil ante o risco de anegamentos en fase de alerta.

comillasO CAE 112 Galicia recorda a necesidade de estremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.112galicia.org

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.