spot_img
InicioVigo e áreaO Porriño“A vida nun clik”, gardando as lembranzas das persoas con alzhéimer

“A vida nun clik”, gardando as lembranzas das persoas con alzhéimer

“A vida nun clik”, gardando as lembranzas das persoas con alzhéimerAlumnado do IES Pino Manso recolle as historias de vida das persoas usuarias de Afaga Porriño

Revista COUSAS DE Nº17

O centro cultural acolleu onte a proxección dos traballos de “A Vida nun Click” , a actividade interxeracional que levou a cabo o alumnado do IES Pino Manso e as persoas usuarias da Unidade Asistencial de Día de Afaga no Porriño.

O obxectivo desta actividade era escoitar as historias de vida dos maiores e recollelas nun soporte dixital de imaxe, texto e audio. En resumo, crear uns documentos de vida e axudar a que maiores e mozos se coñezan e valoren.

Despois de dous meses e cinco encontros nos que se apostou por conectar a curiosidade do alumnado coa xenerosidade e experiencia dos maiores, onte proxectáronse os vídeos.

Samu traballou con Dorinda, Paula con Lidia, Nash con Fita, Eloy con Carmen, Raúl con Mari Paz, Nabor con Rosa, Iago con María, Nerea e Sara con Fina, Iker con Naty, Isma con Manolo, Yoel con Pepe, Raúl con Cholo e Bryan con Esperanza. Onte disfrutaron xuntos do traballo.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, quixo poñer en valor esta iniciativa “xa que traballando da man, implicando a todas as xeracións, será como consigamos avanzar e concienciar sobre esta enfermidade”. Lorenzo destacou que “moitas veces é complicado explicar aos mozos e mozas o que lle está a acontecer ao seu avó ou avoa, incluso aos maiores nos costa entendelo, e non se me ocorre mellor maneira de explicalo que que sexan eles mesmos quen o faga, os que conten o que sinten e o que lles está a pasar. Ademais, gardamos as súas historias. Nin o tempo poderá borrar xa estas lembranzas e por iso o valor deste traballo é incalculable”.

- Publicidade -spot_img