Inicio Latinoamérica A UNESCO e Panamá asinan un protocolo de acordo en materia de...

A UNESCO e Panamá asinan un protocolo de acordo en materia de patrimonio cultural

A UNESCO e Panamá asinan un protocolo de acordo en materia de patrimonio cultural

A Vicepresidenta da República e ministra de Relacións Exteriores de Panamá, Isabelle de Saint Malo de Alvarado, e a Directora Xeral da UNESCO, Irina Bokova, asinaron o pasado 30 de outubro, na Sede da UNESCO un protocolo de acordo de cooperación de mutuo beneficio para ambas as partes que prevé o envío de profesionais panameños en apoio das actividades do Centro do Patrimonio Mundial da UNESCO.

Eses profesionais poderán logo aplicar a experiencia que adquiran na UNESCO á protección e xestión dos sitios culturais de Panamá.

A firma do acordo produciuse ao termo dunha reunión bilateral no curso da cal a vicepresidenta e a Directora Xeral evocaron a necesidade de asegurar unha protección ao longo prazo do Sitio arqueolóxico de Panamá Vello e distrito histórico de Panamá, inscrito na Lista do Patrimonio Mundial en 1997. Isabelle de Saint Malo de Alvarado agradeceu tamén o apoio da UNESCO á salvaguardia do patrimonio cultural subacuático panameño.

En 2001, Panamá foi o primeiro país en ratificar a Convención da UNESCO sobre a protección do patrimonio cultural subacuático.

Isabelle de Saint Malo de Alvarado estivo acompañada na súa visita por Flavio Méndez, embaixador delegado permanente de Panamá na UNESCO, de Gina Latoni, conselleira, e de Analuisa Bustamante, Directora Xeral do ministerio panameño de Relacións Exteriores.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
289SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies