spot_img
InicioVal MiñorGondomar" A última Dorna de Ons"

” A última Dorna de Ons”

a-ultima-dorna-de-onsO vindeiro xoves 28 de marzo ás 20:00h terá lugar no local do IEM a proxección do documental “A ÚLTIMA DORNA DE ONS” e un coloquio ao rematar esta.

Revista Cousas de Nº24

A Última Dorna de Ons é un documental de Anxo Cabada e Antón Davila, que nace da morriña e das ganas de que non se esqueza a tradición pesqueira destas embarcacións na illa de Ons.

Este documental cuxos protagonistas son os habitantes de Ons, e en especial Césareo Patiño, o ultimo mariñeiro que nunca abandoou a illa. Coa última dorna que queda nesta illa situada a entrada da ría de Pontevedra, Césareo realiza un percorrido polas antigas técnicas de pesca do polbo que permitiron manter unha economía de subsistencia.

Anxo Cabada, fotógrafo de Sabucedo, traballou no audiovisual nas series para a TVG, “Os viaxeiros dá luz” e “O fio do retrato”. Antón Davila, músico de Bueu, participou como realizador de documentais de natureza e etnografía galegas.

O documental, de 30 minutos de duración, será presentado por Xosé Ramón García.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.