spot_img
InicioBaixo MiñoA tudense Uxía R.M. presenta por vez primeira a súa obra artística

A tudense Uxía R.M. presenta por vez primeira a súa obra artística

a-tudense-uxia-r-m-presenta-por-vez-primeira-a-sua-obra-artisticaEste xoves, 15 de febreiro, ás 19.30 h inaugúrase na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no Edificio “Francisco Sánchez”, a exposición “Natural artificial” da tudense Uxía R.M. Esta é a primeira vez que esta artista presenta a súa obra nunha mostra. Na exposición reúne unha selección de obras realizadas dende que comezou a carreira de Belas Artes ata a actualidade. Na mesma presenta os seus traballos en disciplinas artísticas: principalmente pinturas acrílicas o ao óleo pero tamén fotografía e debuxo.

Revista Cousas De Nº20

Uxía R.M é unha artista de 25 anos, orixinaria de Randufe, Tui. Ao terminar bacharelato realizou o ciclo de xestión de vendas e espazos comerciais pero a súa paixón sempre foi a arte, así que realizou a carreira de Belas Artes en Pontevedra. Foi na facultade onde pouco a pouco descubriu cara onde quería que se dirixira a súa produción artística. Nas obras desta exposición Uxía R.M.  explora o mundo dunha maneira distinta, centrándose nos detalles máis pequenos que pode observar a simple vista, e en como conviven o natural e o artificial. Poderíase dicir que a súa obra é unha forma de mostrarmos a súa maneira de ver o mundo.

Uxía Romero comenta que “o nome da exposición ven dado por unha das obras máis relevantes da exposición, un conxunto de 10 pinturas que formaron o TFG da artista. Aínda que nun principio era o nome de unha obra concreta decidiu resignificalo para toda a exposición en parte por que o TFG foi o culmen do seu paso pola universidade, pero tamén porque como nos ensinou René Magritte na sua obra Ceci n’est pas une pipe (Esto non é unha pipa) unha pintura non é o que representa, así por moito que as obras representen elementos naturais a pintura e artificial. Así esta exposición pretende principalmente dúas cousas, ser unha recompilación de obras, e mostrar e facer reflexionar sobre o Natural e o artificial, sobre onde están os límites que separan estes conceptos”.

A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, congratúlase de acoller a mostra desta moza tudense que abre así a súa andaina no mundo da arte, cunha proposta moi persoal. Unha das principais misións deste espazo expositivo do Concello de Tui é apoiar e promover aos artistas tudenses e moi especialmente aos novos valores que poidan atopar nesta sala un lugar onde amosar a súa capacidade creativa.

- Publicidade -spot_img