spot_img
InicioGaliciaA temporada dos trens turísticos de Galicia da Xunta continúa en xuño...

A temporada dos trens turísticos de Galicia da Xunta continúa en xuño e xa ten activa a venda de billetes

a-temporada-dos-trens-turisticos-de-galicia-da-xunta-continua-en-xuno-e-xa-ten-activa-a-venda-de-billetesTras a exitosa campaña da primeira ruta que percorreu en marzo os pazos da camelia, a partir do vindeiro mes sucederanse o resto de 10 itinerarios

Revista Cousas de nº21

A campaña dos trens turísticos de Galicia, unha das propostas máis exitosas dos últimos anos posta en marcha entre a Xunta de Galicia, Renfe e o Inorde que permite coñecer a Comunidade galega e moitos dos seus recursos máis destacados a bordo do tren, reanudarase no mes de xuño con máis dunha decena de percorridos. Os billetes están xa á venda.

Tras a exitosa experiencia do Tren da Ruta da Camelia que se celebrou o pasado mes de marzo con todos os billetes vendidos, a campaña segue o seu curso o vindeiro mes nas dez rutas restantes. inclúen itinerarios como a Ruta dos Faros, que permitirá coñecer a Serra da Capelada, visitando Cabo Ortegal, Vixía Herbeira e os seus cantís, o santuario de Santo André de Teixido, Viveiro, Estaca de Bares ou Loiba, entre outras.

O itinerario do Museo MEGA e a Coruña de 1906 achegará á cidade dun xeito diferente, con visita ao museo e o coñecemento de Abegondo ou Cecebre, entre outras. A Ruta da Lamprea, percorrerá Salvaterra de Miño, onde se visitará o Museo da Ciencia do Viño situado no Castelo, un paseo por Tui, as pesqueiras de Arbo e a Cooperativa Condado-Paradanta As Neves, entre outras.

A campaña dos trens turísticos inclúe tamén a Ruta dos Mosteiros, que permitirá coñecer o Pazo de Oca, o mosteiro de Carboeiro, ou o mosteiro cisterciense de Oseira; a Ruta dos Queixos de Galicia, percorrerá tres das catro denominacións de orixe dos queixos; a Ruta das Mariñas que permitirá viaxar da Coruña a Ferrol polas Mariñas e Terras do Mandeo, con parada en Betanzos, Paderne ou Pontedeume.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Tamén se incluirán itinerarios a dúas denominacións de orixe: a do Ribeiro e a de Monterrei. Como cada ano, cada unha das rutas poderase realizar nun día e, ademais da viaxe en tren, o programa ofrece un servizo de guías oficiais de Galicia durante o percorrido, traslados complementarios en autocar e entradas aos puntos de interese.

A información para a reserva e compra de billetes está dispoñible na páxina web de Turismo de Galicia. Tamén se poden mercar os billetes nas taquillas de calquera estación de Renfe.

- Publicidade -spot_img