spot_img
InicioBaixo MiñoA tempada de curros galegos comeza esta fin de semana en Oia...

A tempada de curros galegos comeza esta fin de semana en Oia co da Valga

a-tempada-de-curros-galegos-comeza-esta-fin-de-semana-en-oia-co-da-valgaA tempada de curros galegos comeza esta fin de semana en Oia co da Valga (Loureza), que se celebra este domingo 12 de maio. A actividade comezará desde primeira hora da mañá e prolongarase ao longo da xornada, sendo o momento central do día (tarefas de rapa e marcado) arredor das 17.00 horas.

Revista Cousas de nº21

En total, estímase que no curro deste ano haberá uns 350 cabalos, entre exemplares adultos e poldros. Segundo marca a tradición, a xornada transcorrerá con actividade desde a primeira hora da mañá e ata a tarde. A partir das 9.00 horas os gandeiros comezarán a xuntar as bestas e estímase que a chegada dos cabalos ao recinto da Valga se producirá arredor as 13.00 horas. Xa pola tarde, sobre as 17.00 horas, terán lugar as actividades de rapa, desparasitado e marcaxe dos animais, que posteriormente volverán quedar libres no monte.

O curro da Valga transcorrerá no seu habitual ambiente festivo, de forma que as persoas que se acheguen ata o lugar poderán gozar dunha xornada que combina celebración e tradición arredor do cabalo da Groba.

Despois do da Valga, que abre a tempada, en Oia desenvolveranse os curros de Torroña (primeiro domingo de xuño) e Mougás (segundo domingo de xuño).

Avisos sobre medio ambiente e acampadas:

En relación á próxima celebración dos curros, lémbrase que non está permitido acampar. As autoridades realizarán accións de vixilancia en días previos a fin de evitar este tipo de actividades non autorizadas.

Finalmente, solicítase a colaboración das persoas asistentes á hora de respectar o medio ambiente, evitar danar o arborado e zonas especialmente sensibles, así como de manter a contorna libre de lixo. Na zona haberá contedores para depositar os refugallos.

- Publicidade -spot_img