Inicio Pontevedra A secretaria xeral da Igualdade inaugura o VI Encontro Nacional de Mulleres...

A secretaria xeral da Igualdade inaugura o VI Encontro Nacional de Mulleres que ten lugar en Panxón

O encontro está organizado pola Rede de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo

López Abella agradeceu o traballo diario do colectivo na loita contra a violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade inaugura o VI Encontro Nacional de Mulleres que ten lugar en PanxónA secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, inaugurou esta tarde o VI Encontro Nacional de Mulleres que organiza a Rede de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo e que celebra este fin de semana na Residencia de Tempo Libre de Panxón.

López Abella felicitou ás integrantes da Asociación pola organización deste Encontro Nacional, que comeza hoxe e que se prolongará durante todo o día de mañá e no que se tratarán temas como as migracións, violencias, amores patriarcais, erótica do coidado e a feminización da pobreza.

Ademais, agradeceulle o seu traballo diario, incansable e impagable na loita contra a violencia de xénero, que se centra en catro obxectivos fundamentais, que son a concienciación e prevención da violencia contra as mulleres, a formación en materia de xénero; o apoio, asistencia e acompañamento ás mulleres que sufren violencia de xénero; e a súa reincorporación psico-social.

A Secretaria Xeral destacou que os esforzos que a sociedade no seu conxunto, as asociacións e organismos que diariamente traballan coas vítimas, as forzas e corpos de seguridade, os/as xuíces e funcionarios/as, e mailos gobernos de todas as administracións veñen realizando nos últimos anos, non son esforzos en balde, xa que moitas mulleres teñen conseguido saír desa espiral infame que é a violencia de xénero, e moitas ordes de protección teñen conseguido evitar a perda de moitas vidas.

López Abella incidiu que a folla de ruta do goberno galego na loita contra a violencia de xénero ten varios obxectivos, que son a sensibilización, prevención, denuncia, atención e protección, e reiterou que para acadar estes obxectivos é fundamental a coordinación e a colaboración entre todos os axentes implicados, coma son as Administracións públicas, poder xudicial, forzas e corpos de seguridade, entidades e a sociedade no seu conxunto.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
284SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies