spot_img
InicioBaixo MiñoA rodaxe de ‘Rondallas’ entra na fase final da súa filmación na...

A rodaxe de ‘Rondallas’ entra na fase final da súa filmación na provincia de Pontevedra

a-rodaxe-de-rondallas-entra-na-fase-final-da-sua-filmacion-na-provincia-de-pontevedraRondallas, a nova película do realizador Daniel Sánchez Arévalo, entra na fase final da filmación que se está a desenvolver desde finais de agosto en diferentes localizacións pontevedresas, coa Guarda como epicentro.

Revista Cousas de Nº23

Ata alí desprazouse o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, quen asistiu á gravación de varias das secuencias deste filme, subvencionado pola Xunta con 300.000 euros a través do fondo para a atracción de rodaxes a Galicia.

O titular de Cultura do Goberno galego, quen estivo acompañado polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, saudou e felicitou persoalmente o director de Rondallas e o seu produtor, Ramón Campos, polo avance dos traballos de filmación e por se rodear dun equipo técnico e artístico maioritariamente galego, deixando así constancia da “gran capacidade e calidade da nosa industria audiovisual”.

Javier Gutiérrez, María Vázquez e Tamar Novas encabezan o reparto 100% galego da que é a sexta película de Sánchez Arévalo, quen asina tamén o guión. Nel figuran, así mesmo, outras coñecidas caras do cine e a televisión, como Carlos Blanco, Xosé A. Touriñan, Marta Larralde, Judith Fernández ou Fer Fraga.

Comedia vitalista

Producida por Mister Fields and Friends, Bambú Producciones e Rondallas Movie AIE, esta longametraxe supón o regreso ao cinema do realizador e escritor Daniel Sánchez Arévalo tras os éxitos dos seus filmes Azul oscuro casi negroPrimos e Diecisiete, entre outros. Faino cunha comedia vitalista para todos os públicos, que conta como un pequeno pobo mariñeiro se une para recuperar a súa rondalla, tras dous anos de loito polo tráxico naufraxio dun dos seus pesqueiros. O obxectivo é competir nun concurso contra outras localidades veciñas, pero sobre todo comezar a mirar de novo cara a  adiante con ilusión.

Ademais da Guarda, os concellos de Baiona, Oia, Tui e Vigo acolleron outras das localizacións de Rondallas, que conta tamén coa participación do Institudo de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA), Movistar Plus+, RTVE e TVG.  O filme será distribuído en España por Beta Fiction Spain e as vendas internacionais correrán a cargo de Studiocanal.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.