spot_img
InicioVigo e áreaVigoA Real Filharmonía de Galicia preséntase no Teatro Afundación Vigo baixo a...

A Real Filharmonía de Galicia preséntase no Teatro Afundación Vigo baixo a dirección de Marc Leroy-Calatayud

©A Real Filharmonía de Galicia preséntase no Teatro Afundación Vigo baixo a dirección de Marc Leroy-Calatayud
Marc Leroy-Calatayud

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta, con dirección de Marc Leroy-Calatayud e con Esteban Batallán á trompeta, a Real Filharmonía de Galicia no Teatro Afundación Vigo mañá, mércores 3 de novembro, ás 20.00 h, cun recital titulado «Músicos errantes». Richard Strauss, Franz Joseph Haydn e a estrea de Nightfall, do propio Batallán, serán os compositores que guiarán os acordes desta cita cultural.

Co compromiso de seguir promovendo as actividades culturais como un mecanismo fundamental para o progreso persoal e social, Afundación estableceu un esixente protocolo de medidas que permitan á cidadanía gozar de eventos de primeira orde coas maiores garantías de seguridade sanitaria posible.

A Real Filharmonía de Galicia preséntase no Teatro Afundación Vigo baixo a dirección de Marc Leroy-Calatayud
© Real Filharmonía de Galicia

A PROGRAMACIÓN DE CONCERTOS

Todos os recitais incluídos na Tempada de Música Clásica terán lugar no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) ás 20.00 h.

A batuta de Paul Daniel dirixirá á Real Filharmonía, acompañada polo piano de Josu de Solaun, o 24 de novembro ás 20.00 h, nun recital de obras de Dora Pejacevic (Abertura en re menor, op. 499), Francis Poulenc (SInfonietta) e Serguéi Prokófiev (Concerto para piano núm. 2 en sol menor, op. 16).

O 3 de decembro, en colaboración co Ciclo de Música de Barcia de Mera, representarase a ópera María Estuardo – Stuarda, coa representación de Beatriz Díaz, Belén Elvira, Anna Icobalzeta e Maife Gil, con narración e dirección de escena de Camilo García, e piano e dirección musical de Juan Antonio Álvarez Parejo.

©A Real Filharmonía de Galicia preséntase no Teatro Afundación Vigo baixo a dirección de Marc Leroy-Calatayud

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.