Inicio Galicia Compostela A pesar das obras, a Catedral de Santiago está preparada para acoller...

A pesar das obras, a Catedral de Santiago está preparada para acoller os actos da Semana Santa

a-pesar-das-obras-a-catedral-de-santiago-esta-preparada-para-acoller-os-actos-da-semana-santaO conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou esta mañá a Catedral de Santiago, onde se están executando obras de conservación e restauración por un importe de 3,8 millóns de euros, que forman parte do Plan Director ata o 2020, dotado con 17 millóns de euros de investimento. Acompañado do director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo; e da directora xeral do Patrimonio, María del Carmen Martínez Ínsua; o conselleiro comprobou in situ a boa marcha dos traballos, que non interferirán os actos de culto previstos durante a Semana Santa.

Nestes momentos no templo catedralicio estanse levando a cabo traballos de restauración na fachada e na cripta do Obradoiro, na terraza e nas torres (segunda fase). Tamén se actúa nas cubertas da cabeceira da Catedral e na restauración da policromía mural da Capela Maior. A estas obras, por valor de 3,8 millóns de euros, hai que engadir outros 2 millóns máis -actualmente en tramitación administrativa- para acometer a restauración das cubertas da nave principal do templo e do cruceiro. Igualmente está previsto actuar nas cubertas da ala norte do claustro, nas cubertas e fachada oriental do claustro e Torre do Tesouro, nos paramentos e bóvedas da nave central e transepto, paramentos verticais da xirola e capela do Cristo de burgos.

Xa entre 2019 e 2020 acometerase a restauración do baldaquino, do Altar de Prata e do enreixado do Altar Maior, das pinturas do ciborio, transepto e capela Maior.

O programa de conservación e restauración da basílica compostelá ten as súas raíces nun traballo técnico rigoroso, o Plan Director, de 2010, arredor do cal xa se realizaron intervencións construtivas financiadas polo Ministerio de Fomento do Goberno de España, pola Xunta de Galicia, polo Consorcio de Santiago e pola propia Catedral, para executar inversións ata o ano 2020 por valor de 17 millóns de euros (dos cales algo máis de 15 millóns son para o período 2018-2020).

Mes de Patrimonio Catedralicio e Monástico

Con motivo do Ano Europeo do Patrimonio Cultural, e dando cumprimento ao mandato do Parlamento de Galicia, a Consellería de Cultura dedica este mes de marzo ao Patrimonio Catedralicio e Monástico cun amplo programa de actividades por toda a comunidade.

Galicia conta cun amplo e rico conxunto de bens deste tipo que desde o departamento de Cultura do Goberno galego se está a traballar para protexer e conservar para as xeracións futuras. De feito, nestes momentos hai mobilizado preto de 10 millóns de euros en obras de restauración de diversas catedrais e mosteiros, entre os que hai destacar, ademais da catedral de Santiago, as de Lugo, de Ourense, de Tui e de Mondoñedo; e os mosteiros de Oseira, de Sobrado e de Samos.

Cómpre subliñar que a recuperación e posta en valor do noso patrimonio cultural conleva un retorno de beneficios para o conxunto da sociedade na medida en que se está contribuíndo a impulsar o turismo e a dinamizar a actividade socioeconómica nas zonas de influencia dos bens, moitos deles situados en contornas do rural.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies