Inicio Val Miñor A Oficina de Turismo do Val Miñor recibiu a mais de mil...

A Oficina de Turismo do Val Miñor recibiu a mais de mil persoas nos meses de xulio e agosto

Concello-Baiona-renova-pegada-Camiño-Portugués-Costa

A maioría destes turistas aduciron motivos culturais para a súa visita á zona e practicamente o 20% restante sinalou que estaba de paso facendo o Camiño portugués pola costa, declarado oficial en abril.

Oficina de Turismo da Mancomunidade do Val Miñor, situada en A Ramallosa (Nigrán), recibiu ao longo dos meses de xullo e agosto un total de 1.255 persoas (695 en xullo e 560 en agosto). A maioría destes turistas aduciron motivos culturais para a súa visita á zona e practicamente o 20% restante sinalou que estaba de paso facendo o Camiño portugués pola costa, declarado oficial en abril. Curiosamente, estes peregrinos eran case todos estranxeiros (máis do 80% fronte os nacionais), liderando Italia, Alemania, Reino Unido e Portugal o ranking, pero con presencia tamén de xente de Estonia, Canadá, Austria, Francia ou Brasil.

“Os datos veñen a confirmar a importancia que ten divulgar esta ruta, porque non só ten un valor cultural e patrimonial incalculable senón que, ademais, supón un revulsivo máis para o turismo no Val Miñor e en todo o Sur da provincia de Pontevedra, é unha xanela aberta a todo o mundo”, indica  Juan González, presidente da Mancomunidade, quen pide á Xunta “máis apoio para difundila e que a sinalice xa debidamente”. De feito, incide en que se lle entregou ao goberno autonómico coa máxima dilixencia tódolos datos necesarios para facer a sinalización oficial de Nigrán e Baiona e, transcurridos todos estes meses, aínda non fixo nada. “Todo o esforzo de divulgación do camiño monacal está sendo realizado dende os concellos, a eles se debe o éxito. En Nigrán o marcamos nos mesmos cos nosos medios”, suliña González.

Por outra banda, a maior parte dos visitantes a esta oficina foron de procedencia nacional, sendo Madrid a orixe máis destacada pero con presencia de prácticamente tódalas provincias e con periodos medios dunha semana de estancia en hotel ou camping (os de máis tempo optaron por aluguer de apartamentos). No caso dos peregrinos acudiron maioritariamente ao Pazo de Pías da Ramallosa, o único establecemento do Val Miñor no que se pode selar a compostelá oficialmente.

Curiosamente, ata a Oficina de Turismo da Mancomunidade tamén se achegan veciños de Nigrán, a maioría interesados por obter información sobre os diferentes roteiros. Precisamente, en outubro o Concello de Nigrán instalou 14 paneis tecnolóxicos nos sendeiros do río Muíños, Mouros,  Medoñas e Camos (nos 19 paneis de aluminio cos que xa contaba o municipio instalouse unha nova etiqueta QR e antena NFC que extende a información en inglés, galego e castelán).

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies